03 xul 2018

A recreación dun xardín galego de temática mariñeira, premiado en Londres na prestixiosa feira Hampton Court Palace Flower

 A directora de Turismo, Nava Castro, visitou hoxe na capital británica este certame que recibe cada ano medio millón de visitantes e reúne máis de 600 expositores

 
Turismo de Galicia ve premiado por terceiro ano consecutivo o seu traballo á hora de impulsar no eido internacional o potencial paisaxístico de Galicia
 
A recreación do xardín galego, en Londres.

 A recreación dun xardín inspirado nas casas de pescadores das rías galegas vén de recibir a medalla Silver Medal na modalidade de Xardíns do mundo, o máximo recoñecemento que se outorga aos xardíns participantes na prestixiosa exposición floral anual Hampton Court Palace Flower Show de Londres.

A directora de Turismo, Nava Castro, visitou hoxe este certame que sitúa a Galicia entre as mellores iniciativas desta exposición floral que reúne na capital británica a máis de 600 expositores relacionados coa industria do paisaxismo. Baixo o título Rías de Galicia, un xardín ao final da terra, a proposta galega é froito do traballo levado a cabo por Turismo de Galicia para promover un dos recursos de especial significación na Comunidade como é o turismo mariñeiro e tamén para impulsar o potencial turístico da nosa paisaxe. Recrea un xardín típico das zonas costeiras galegas, incluíndo unha parede de cunchas de vieira imitando ás que se facían nalgunhas casas de pescadores das Rías Baixas.

Esta é a terceira vez que unha proposta presentada por Turismo de Galicia obtén este recoñecemento, despois de que o ano pasado participase con O xardín segredo do Pazo, recreando un pazo galego e o ano anterior con A Ruta da Camelia, acadando un premio na máxima categoría. En todos os casos, a Xunta aposta por poñer en valor no eido internacional varios dos recursos singulares de Galicia, como o noso patrimonio artístico, botánico e tamén a cultura asociada ao turismo mariñeiro, cumprindo así os obxectivos da Estratexia de turismo de Galicia 2020, a folla de ruta do turismo galego que traballa para impulsar a singularidade de Galicia como destino, especialmente para o turismo estranxeiro.

Máis de medio millón de visitantes

Estes premios, sumados á grande acollida que nos anos anteriores amosaron os visitantes da feira á proposta de Galicia con produtos cabeceira de marca como A Ruta da Camelia ou Paseando entre Viñedos, propiciaron que a Xunta volvese participar este ano na que é a XXVIII edición do certame. Ademais de presentar este xardín, Galicia conta cun posto informativo desde o que se distribúe información turística da Comunidade, con propostas específicas sobre as diferentes experiencias turísticas en colaboración con operadores británicos que presentan os seus paquetes turísticos con rutas pola nosa Comunidade.

A Hampton Court Palace Flower Show é a máis grande feira anual de xardíns e exposición de flores do mundo e está organizada pola Royal Horticultural Society (RHS). Participan preto de 40 xardíns e 600 expositores. Celebrarase en Londres ata o vindeiro 8 de xullo.

La recreación de un jardín gallego de temática marinera, premiado en Londres en la prestigiosa feria Hampton Court Palace Flower

La directora de Turismo, Nava Castro, visitó hoy en la capital británica este certamen que recibe cada año medio millón de visitantes y reúne más de 600 expositores

Turismo de Galicia ve premiado por tercero año consecutivo su trabajo a la hora de impulsar en el campo internacional el potencial paisajístico de Galicia.

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!