05 dec 2013

A directora de Turismo clausura a cerimonia de graduación de cen alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia

Nava Castro foi a encargada de pechar o acto que tivo como padriño de cerimonia a Jaime Buxó, director xeral de Occidental Hoteles.

Graduáronse 49 alumnos de Xestión de Empresas Hostaleiras; 29 alumnos de Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras e 22 certificados en Elaboración e Xestión en Cociña.

A directora de Turismo incidiu na importancia da formación para acadar un sector turístico máis competitivo e tamén na busca da excelencia como factor diferencial.
 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, foi a encargada de pechar o acto de graduación de cen alumnos que remataron os seus estudos de Xestión de Empresas Hosteleiras, Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras e Certificado en Elaboración e Xestión en Cociña.

No acto, que estivo apadriñado polo director xeral de Occidental Hoteles, Jaime Buxó, entregáronse os diplomas así como os premios aos dous mellores proxectos de viabilidade desenvolvidos polos alumnos. O proxecto de viabilidade premiado do curso de Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras foi para Hotel Nautic, realizado polos alumnos Lucía Capeáns, Elena Franqueira, Ramón García, Ana Mª Martínez e Jorge Pardo. O proxecto premiado no curso de Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña foi o do Restaurante Nuvé, dos alumnos José Manuel Barberena, Louisa Bellanger, David José Esperança, Brais Lobato, Pablo Rodríguez, Alejandro Soto e Ángela Vidaechea.

A directora de Turismo, Nava Castro Domínguez resaltou no seu discurso de peche da cerimonia de graduación o gran prestixio acadado polo Centro Superior de Hostelería de Galicia, así como a formación moderna e adaptada á realidade que imparte. “Será a vosa máis valiosa ferramenta de traballo”, matizou. Ao tempo, indicou que os alumnos que hoxe se graduaron son “o porvir dun dos motores económicos do noso país, un sector que representa case o 11% do PIB galego e que precisa contar con directivos especializados e preparados para os retos do futuro”.

Nava Castro explicou tamén que a educación, a formación e a experiencia serán “os alicerces sobre os que sustentaremos un sector turístico caracterizado pola calidade, a busca da excelencia e a innovación constante”. “A combinación de teoría e práctica na vosa formación é un paso fundamental para enfrontarse ao mundo laboral e máis de 30 países acolleron xa a alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia”, dixo.


Un centro de referencia internacional
Preto de 2.000 profesionais xa se graduaron no CSHG, no que ademais se desenvolven actividades formativas e labores de consultaría e exportación do seu modelo formativo. Os profesionais que saíron do centro nos case 20 anos de funcionamento do mesmo desenvolven a súa labor profesional en máis de 60 países do mundo. Preto do 12% do alumnado do CSHG
 

Arriba
Axúdanos a mellorar!