.

O Programa componse, principalmente, de eixos prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa.

Actuacións implementadas pola Axencia de Turismo de Galicia cofinanciadas polo Programa Galicia FEDER 2021-2027

 


 

A Axencia Turismo de Galicia executa as seguintes 4 liñas de actuación dentro do [Programa Galicia FEDER 2021-2027


 


 


 Fomento da eficiencia enerxética e da descarbonización das actividades económicas especialmente as empresas e PEME.  

 O obxectivo da acción proposta é o fomento da eficiencia enerxética en todos os sectores económicos mediante o apoio a unha gama o máis amplía e flexible posible de actuacións. Tamén se apoiará a implantación de medidas de contabilización, monitorización e tee xestión do consumo de enerxía asociado aos proxectos de aforro promovidos así como a realización de auditorías enerxéticas e a implantación de sistemas de xestión enerxética con esta mesma finalidade.


 Fortalecemento do Camiño de Santiago. 

 Esta acción se centra en la ejecución de intervenciones a lo largo del trazado del Camino de Santiago en territorio gallego de mejora en las infraestructuras turísticas del Camino e implantación de métodos de seguridad en el Camino para su correcta adecuación a los estándares actuales de accesibilidad, respeto al medio ambiente y seguridad viaria.


 Axudas ao desenvolvemento de Plans de Sustentabilidade Turística en zonas non urbanas.  .  

  Esta acción consistirá en proporcionar axudas ás entidades locais de núcleos non urbanos para o desenvolvemento dos Plans de Sustentabilidade Turística, cuio obxectivo é xerar unha oferta turística que integre a sustentabilidade ambiental, socioeconómica e territorial, desenvolvendo estratexias de resiliencia fronte aos novos retos do ecosistema turístico, desde o cambio climático, ata a sobredemanda turística, a estacionalidade ou as crises sanitarias e de seguridade.

 
 Promoción do destino turístico Galicia. 

 Impulsaranse campañas de promoción turística focalizadas tanto nos destinatarios como nos países de afectación que permitan a atracción de visitantes ás zonas non urbanas da rexión con obxecto de favorecer unha desestacionalización da actividade turística, xerar novas actividades económicas que contribúan á fixación e mantemento da poboación nas zonas non urbanas de Galicia, e fomentar un crecemento económico ordenado en todo o territorio.

  

De conformidade co artigo 50 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, no seu apartado 1.a), A Axencia Turismo de Galicia recoñecerá a axuda dos Fondos Feder no seu sitio web oficial. En cumprimento do citado regulamento, detállanse as distintas operacións desenvolvidas por esta Axencia.

Arriba
Axúdanos a mellorar!