28 set 2015

A primeira longametraxe sobre a gastronomía galega estreouse no Festival Internacional de Cine de San Sebastián

O Culinary Zinema, a sección dedicada á gastronomía do prestixioso festival, acolleu a estrea de Cocinando en el fin del mundo, unha película producida por Esmerarte coa colaboración de Turismo de Galicia e AGADIC.

A longametraxe, dirixida por Alberto Baamonde, permite descubrir o lado máis auténtico e elegante da gastronomía galega actual mostrando unha cociña de futuro que afunde a súas raíces na tradición.

Ao fío do estreo, o Basque Culinary Center acolleu a celebración dunha cea temática a cargo dos cociñeiros do Grupo Nove que contará coa presenza da directora de Turismo de Galicia.

Foto de familia na presentación do filme.

O Culinary Zinema, a sección dedicada á gastronomía do prestixioso festival internacional de San Sebastián acolleu aestrea da primeira longametraxe documental sobre a gastronomía galega, Cocinando en el fin del mundo, unha película producida por Esmerarte coa colaboración de Turismo de Galicia e AGADIC.

A longametraxe, dirixida por Alberto Baamonde, permite descubrir o lado máis auténtico e elegante da gastronomía galega actual. Así, Cocinando en el fin del mundo é unha película que non se detén na cara máis coñecida, tradicional e turística da gastronomía de Galicia senón que céntrase nos elementos emerxentes e xeralmente ocultos que axudan a explicar o momento actual dunha cociña de futuro que afunde a súas raíces na tradición.

As paisaxes de Galicia en combinación con algún dos produtos máis exquisitos e singulares da tradición culinaria galega, xunto con referencias aos seus produtores, comercializadores e cociñeiros, son a carta de presentación desta película documental.

Cocinando en el fin del mundo constitúe, deste xeito, unha homenaxe á cociña galega, caracterizada pola súa perfecta mestura de tradición e vangarda, e aos profesionais, que día a día están a revolucionar a gastronomía da nosa comunidade.

A longametraxe aporta unha visión renovada da cociña da nosa comunidade, protagonizada por emprendedores e profesionais feitos a si mesmos difundindo este valor esencial da nosa oferta turística e da nosa identidade.

O Grupo Nove en vivo no festival de San Sebastián
Tralo estreo de Cocinando en el fin del mundo, o Basque Culinary Center acolleru a celebración dunha cea temática a cargo dos cociñeiros do Grupo Nove, protagonistas da longametraxe, que contou coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O grupo de cociñeiros galegos mostrou a nova cociña galega nunha experiencia exclusiva deseñada en torno ao documental.

Arriba