02 may 2013

Turismo de Galicia publica o folleto Bosques de Galicia

Portad do folleto Bosques de Galicia

Turismo de Galicia vén de publicar o folleto Bosques de Galicia, unha listaxe de 17 experiencias turísticas que se poden desenvolver na comunidade galega.


 Este novo folleto editarase en varios idiomas en formato DIN A4 e conta con 76 páxinas a toda cor. Dentro destes 17 itinerarios polos bosques de Galicia, os visitantes poderán descubrir unha gran variedade de hábitats naturais, gozando das súas paisaxes.

En cada itinerario, xunto cunha pequena introdución de cada bosque, preséntase unha descrición da ruta con informacións gráficas de mapa e perfil de cada unha, acompañada con imaxes a toda páxina.

Nun cadro, achégase a información útil coas coordenadas do punto de inicio, a distancia e duración aproximada e unha cualificación da dificultade da ruta: para todos os públicos, para sendeiristas ocasionais, para xente con experiencia e só para facer acompañado de guía.

Arriba