24 set 2013

Galicia lidera un mes máis o crecemento de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros e acada máximos históricos que superan a cifra de agosto do último Ano Santo

A cifra de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros galegos subiu un 13,4% e a de pernoitas un 8,5% a respecto de agosto de 2012.
 
A cifra de viaxeiros supera en 20.000 a rexistrada en agosto do último Ano Santo
Un total de 581.118 viaxeiros aloxáronse nos establecementos hoteleiros de Galicia, que rexistraron 1.293.649 pernoitas, o que sitúa á Comunidade galega á cabeza do Estado en incremento da cifra de viaxeiros aloxados.
 
O turismo estranxeiro acada máximos históricos superando por primeira vez neste período a barreira dos 125 mil viaxeiros e as 221 mil pernoitas
Nos oito primeiros meses deste ano a cifra de viaxeiros medrou un 5,7% e a de pernoitas un 2,1% a respecto do mesmo período do ano pasado.
 
No que vai de ano chegaron a Santiago 20.239 peregrinos máis que no mesmo período de 2012, isto é, un 12,57% máis
Galicia presenta un mes máis o crecemento de maior intensidade a nivel nacional da cifra de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros, cun 13,4% máis de viaxeiros que no mesmo mes de 2012. En total, 581.118 viaxeiros aloxáronse nos hoteis e pensións de Galicia, rexistrando 1.293.649 pernoitas, isto é, un 8,5% de pernoitas máis que en agosto do ano pasado.
 
Este crecemento coloca o nivel de viaxeiros aloxados neste tipo de establecementos no mes de agosto no máximo histórico da comunidade, superando en case 20 mil viaxeiros a cifra do último Ano Santo 2010.
 
O bo comportamento da demanda hoteleira é consecuencia dos crecementos rexistrados nos tres grandes segmentos do mercado. Neste sentido, soben as pernoitas do turismo nacional –un 7,3% o turismo interno e un 8,5% o procedente doutras comunidades- e tamén soben as pernoitas rexistradas polo turismo internacional un 10% a respecto do mesmo período do ano pasado. A cifra de viaxeiros tamén experimentou crecementos: o 9% o turismo interno; o 16% o receptor nacional e o 11% a cifra de viaxieros estranxeiros. Deste xeito, neste mes de agosto a cifra de turistas estranxeiros acada máximos históricos de viaxeiros aloxados, superando por primeira vez a barreira dos 125 mil neste período e das 221 mil pernoitas.
 
Acumulado do ano

No que vai de ano, a cifra de viaxeiros rexistrada nos establecementos hoteleiros galegos subiu un 5,7% a respecto do mesmo período de 2012 e a de pernoitas subiu un 2,1%, rexistrando 4.728.980. A nivel nacional, Galicia rexistra a taxa de crecemento máis elevada da cifra de viaxeiros aloxados, liderando o incremento no conxunto de España tamén no que se refire aos oito primeiros meses do ano.
 
A cifra de viaxeiros internacionais neste período subiu un 14% e a de pernoitas rexistradas por este segmento turístico subiu un 11%.
 
Meses de verán

No período estival –meses de xullo e agosto- Galicia rexistra unha mellora dos niveis de demanda hoteleira, superando nun 12,2% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 6,7% a cifra de pernoitas do verán pasado. Por primeira vez nun ano non Santo Galicia supera o millón de aloxados nos meses de xullo e agosto. O turismo internacional acadou máximos históricos nos meses de xullo e agosto, así como o máximo peso no conxunto da demanda hoteleira –co 23% do total de viaxeiros aloxados-.
 
Peregrinos

Dende o día 1 de xaneiro ata hoxe recolleron a Compostela na Oficina de Acollida ao Peregrino da Rúa do Vilar un total de 181.164 peregrinos, dos que o 48,87% son estranxeiros. Isto supón que
Arriba