* Novas turísticas

We have currently 1776 novas:

2/5/19

Román Rodríguez subliña que o bo resultado do turismo en 2018 afianza a Galicia como un destino máis competitivo e de calidade

 O conselleiro de Cultura e Turismo presentou o balance do pasado ano no que sobresae o paso adiante dado na mellora do nivel do gasto ou no emprego

Galicia foi a Comunidade cun maior crecemento da estadía media e amosa un comportamento superior ao do conxunto do Estado en diversas variables cualitativas como a ocupación, con máximo histórico, ou a rendibilidade do sector
 
A tempada baixa medra un 8,2%, pois os meses cunha maior evolución global foron os de outono-inverno, avanzando na estratexia de desestacionalización
 
A Comunidade recibiu en conxunto preto de 4,8 millóns de viaxeiros que realizaron 10,2 millóns de pernoitas, o segundo mellor resultado da serie histórica
 
No último lustro, a cifra de turistas incrementouse un 26% e aínda con máis intensidade creceron os visitantes internacionais, cun aumento do 44%
 

1/29/19

Máis de 76.000 persoas coñeceron en Fitur a oferta turística galega de 2019, que reforza o seu atractivo patrimonial e natural

 O expositor consolida as cifras de visitantes, interesados especialmente este ano polo turismo de mergullo, as propostas turísticas nos cascos históricos galegos, os festivais musicais, o Camiño de Santiago ou a enogastronomía, entre outras

Mantivéronse máis de 300 reunións profesionais e sentáronse as bases da proxección internacional do turismo da Comunidade galega para este ano
 
Arriba