Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Ribeira Sacra > Engadir á "Miña viaxe"

Ribeira Sacra

Espazos naturais

Desde o chamado Balcón de Madrid ou desde o miradoiro situado entre Vilouxe e Caxide podemos albiscar o abismo desde a máxima altura do Canón do Sil.

Ampliar
  • Canón do Sil
    Canón do Sil
  • Canón do Sil
    Canón do Sil
  • Canón do Sil
    Canón do Sil
  • Monte Faro
    Monte Faro

Son varias as rutas de catamaráns que permiten navegar polas augas dos dous cursos fluviais do Miño e do Sil, dando a oportunidade de coñecer a Ribeira Sacra desde un punto de vista máis espectacular. Os seus viñedos colgados das montañas ao lado da solaina e a fondura que consegue o canón introducen ao viaxeiro de cheo na sensación de aventura e na consciencia de estar nun lugar privilexiado.

O Canón do Sil é Lugar de Importancia Comunitaria, así como o Bidueiral de Montederramo e o Monte Faro, desde cuxa cume, cunha ermida e unha área recreativa, domínanse amplas vistas das catro provincias galegas. O curso do río Cabe é unha galería vexetal poboada de ameneiros, salgueiros e freixos xunto con outras especies autóctonas.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba