Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Manzaneda - Trevinca > Engadir á "Miña viaxe"

Destacado...

O val do Navea

O val do Navea

O val do Navea é Paisaxe Protexida, nel predomina a vexetación arbórea, como o gran bosque de San Xoán de Río ou os famosos soutos da comarca de Trives...

ver máis

Manzaneda - Trevinca

Espazos naturais

Desde o punto de vista natural o xeodestino esconde varias sorpresas interesantes.

Ampliar
  • Serra da Enciña da Lastra
    Serra da Enciña da Lastra
  • Serra da Enciña da Lastra
    Serra da Enciña da Lastra
  • Val do río Navea
    Val do río Navea
  • Souto de Rozabales
    Souto de Rozabales
  • LIC Pena Trevinca
    LIC Pena Trevinca
  • LIC Pena Trevinca
    LIC Pena Trevinca
Unha delas é o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, que limita con León, un tesouro de máis de tres mil hectáreas. E curioso: ten unhas excelentes colonias de morcegos que aínda encerran moitos segredos. Outra desas sorpresas é a paisaxe protexida Val do río Navea (este val esténdese polos concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives), cun magnífico bosque de especies autóctonas.

Un bosque con recoñecemento de monumento natural é o Souto de Rozabales no que se atopa o castiñeiro de Pumbariños de 12,15 m de perímetro e quizá milenario. E outra máis, en fin, o Macizo Central (para ser xustos, unha parte del), onde se atopa non só a vila de Manzaneda cos restos ben conservados das súas murallas, porta de acceso ao recinto e castelo, senón tamén a única estación de esquí de Galicia.

Certo é que todo iso pode palidecer ante outro espazo declarado Rede Natura: Pena Trevinca, paraíso de montañeiros e ata escaladores. O pico que lle presta o nome está a 2.127 metros sobre o nivel do mar, o que o converte no de maior altitude de Galicia. Está rodeado de belos vales de orixe glaciar.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba