Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Bono Iacobus > Rutas do Camiño de Santiago > Camiño do Norte > Engadir á "Miña viaxe"

Prezo con cea e almorzo incluídos...

Prezo con cea e almorzo incluídos...

1 persoa -  545 € (IVE incluído)

2 persoas - 785 € (IVE incluído)

ver máis

Contacto: Viajes Viloria

Contacto: Viajes Viloria

Para obter toda a información adicional que necesites sobre o Bono Iacobus podes chamar ao teléfono 902 190 160 /  981 568 521 ou enviar un correo electrónico a: info@galiciaincoming.com

Bono Iacobus - Camiño do Norte

As etapas

Día 1

Ampliar

Ribadeo / Vilanova de Lourenzá - Etapa 1 (28 km)

A saída de Ribadeo pasa por diante do campo de fútbol, xusto en fronte deste encóntrase o sinal xacobeo, continuando en dirección ao cemiterio. Case sempre en ascenso e despois de percorrer preto de 9 km. chégase a Vilela. Tras superar esta aldea, un treito relativamente chairo condúcenos ata O Esfolado, dende onde se inicia un ascenso que nos levará ata Vilamartín.

Perfil

Un descenso de tres longos quilómetros achéganos ata Gondán, e por pistas moi ben sinalizadas, primeiro en ascenso e despois en descenso, pasando antes polo Corveiro, éntrase en Vilanova de Lourenzá, vila conformada en torno ao mosteiro beneditino fundado no s. X.

O Cabazo da Curuxa
Lourenzá / Etapa 1

O Cabazo da Curuxa Entre as fermosas praias da Mariña e as fragas de Trabada, no val sucado por ríos ricos en salmóns, O Cabazo da Curuxa conserva a súa atmosfera rústica orixinal de casa de pedra e madeira de castiñeiro. Os seus cinco bonitos cuartos complétanse co comedor e un acolledor salón con estufa de leña. O seu xardín, con árbores froiteiras e presidido por un impresionante hórreo estilo Mondoñedo, conta cun porche e unha pequena terraza que domina o val.

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos...

>Click aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba