Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Bono Iacobus > Rutas do Camiño de Santiago > Camiño Primitivo > Engadir á "Miña viaxe"

Prezo con cea e almorzo incluídos...

Prezo con cea e almorzo incluídos...

1 persoa -  505 € (IVE incluído)

2 persoas - 760 € (IVE incluído)

ver máis

Contacto: Viajes Viloria

Contacto: Viajes Viloria

Para obter toda a información adicional que necesites sobre o Bono Iacobus podes chamar ao teléfono 902 190 160 /  981 568 521 ou enviar un correo electrónico a: info@galiciaincoming.com

Bono Iacobus - Camiño Primitivo

As etapas

Día 1

Ampliar

A Fonsagrada / A Fontaneira – Etapa 1 (20 km)

O itinerario comeza na capital municipal de A Fonsagrada. Na súa zona urbana encontrase a “fons sacrata” cuxa orixe se relaciona cun milagre do apóstolo Santiago que, despois de ser atendido hospitalariamente por unha viúva, converteu para ela a auga desta fonte en leite fresco para os seus fillos. A tradición xacobea desta poboación é extensa, existindo documentación do paso de peregrinos que se remonta a finais do s. XII. Saíndo de A Fonsagrada divísase San Xoán de Padrón coa súa igrexa dieciochesca, alcanzándose pronto o lugar de Montouto onde se sitúan as ruínas do que quizais foi o último dos hospitais dos Camiños de Galicia que continuou aberto ata ben entrado o s.XX, conservándose nas súas inmediacións un fermoso dolmen. Abandonado Montouto continúase ata Paradavella onde se conservan numerosas pallozas e edificios singulares que reflicten a evolución da construción tradicional desta zona de montaña. A ruta descenderá despois ata a aldea de A Degolada e ascende de novo alcanzando o alto de A Fontaneira.

Perfil

Longarela Casa Rural
Castroverde / Etapa 1

LongarelaO seu nome procede da contracción das palabras galegas longa e arela, cun significado semellante a "profundo desexo". Trátase dunha antiga casa de labranza, no seu tempo rica e importante, con referencias documentais que se remontan ao s. XVII. A actual configuración arquitectónica, composta por catro edificacións rehabilitadas ao xeito tradicional, data de finais do s. XIX e sitúase nun terreo de 70.000 m2 de pradaría poboada de árbores autóctonas como carballos, castiñeiros, acivros bidueiros ou freixos.

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos...

>Click aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba