Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > Engadir á "Miña viaxe"
Cabo Fisterra

DESTAQUE

Cabo Fisterra

O "finis terrae". Por que alguén querería ir á fin do mundo?

Costa da Morte

XEODESTINO

Costa da Morte

Aquí estaba a fin do mundo, o "Finis Terrae" dos romanos. Concretamente, en Cabo Fisterra, un lugar fascinante...

Camino de Santiago

Camiño a Fisterra en bicicleta

Un percorrido en bicicleta pola única ruta xacobea con orixe en Compostela. Conclúe en Fisterra, a “fin do mundo” para os peregrinos que dende a antigüidade acudían a contemplar o espectáculo de ver morrer o Sol no Atlántico. Un Camiño para gozar da paisaxe, o patrimonio artístico, a gastronomía e o mar.

¡Interésache!

  • Inicio: Santiago de Compostela
  • Final: Fisterra
  • Xornadas: 4
Un Camiño cheo de lendas, mitos, historia e tradición, de verdes paisaxes e vilas mariñeiras da Costa da Morte
Un Camiño para gozar da paisaxe, o patrimonio artístico, a gastronomía e o mar.

Propoñémosvos percorrer en bicicleta a única ruta xacobea que nno acaba, senón que comeza, en Santiago de Compostela. E conclúe en Fisterra, verdadeira fin do mundo para os peregrinos que de antigo acudían a contemplar o grandioso espectáculo de ver declinar o Sol no Atlántico. Un Camiño plagado de lendas, mitos, historia e tradición, de verdes paisaxes e vilas mariñeiras da Costa da Morte.

Máis información...
-Catedral de Santiago. www.catedraldesantiago.es
-Albergue de Santiago de Olveiroa. Teléfono: 658 045 242
-Albergue de Peregrinos de Fisterra. Teléfono: 981 740 781
-Castelo de San Carlos. Museo de Pesca de Fisterra: aberto de 10:30-13:30 e de 16:00-19:00 h

Percorrido - Día 1º

Santiago como punto de partida

 

Ampliar

Suxerímosvos chegar a Santiago de Compostela pola tarde. A cidade, aberta e hospitalaria, brinda toda clase de aloxamentos: albergues, hoteis con encanto e rurais, hostais ou pensións. A gran xoia è o Parador do Hostal dos Reis Católicos.

A visita obrigada à catedral

O primeiro encontro coa catedral dende a Praza do Obradoiro é emocionante. A praza recibe este nome porque durante case 100 años estivo en obras e era aquí onde os canteiros que picaban día tras día o granito para a súa construcción tiñan os ses obradoiros. Grazas a eles hoxe sentímonos marabillados pola maxestuosa fronte barroca, construida entre os séculos XVII e XVIII, presidida pola figura de Santiago Apóstolo vestido de peregrino con capa e bastón.

O Apóstolo está representado en todos os edificios que cerran a praza. Podedes identificalo como guerreiro montado no seu cabalo branco, como Apóstolo ou como Santo Peregrino. Para localizalo debedes fixarvos na fachada neoclásica do Pazo de Raxoi, na do Hostal dos Reis Católicos e na do Pazo de San Xerome.

O Pórtico da Gloria,
tallado polo Mestre Mateo,
é unha obra maestra do Románico español
Para coñecer o interior do templo subiremos pola súa magnífica escalinata, que en realidade son dúas, unha dentro da outra. Ao entrar veremos primeiro o famoso Pórtico da Gloria, obra mestra do Románico español tallada polo Mestre Mateo. Está formado por tres arcos, cuxas esculturas interpretan de maneira simbólica aa Xerusalén celeste.
Encontraredes de novo ao Apóstolo Santiago na columna central de mármore, onde se representa a xenealoxía de Cristo e observaredes, a media altura, as pegadas que teñen deixado as máns dos peregrinos que tradicionalmente se apoiaban neste piar. Un dos ritos máis practicados é o abrazo ao Apóstolo no camarín do Altar Maior. Logo deterémonos ante as súas reliquias, gardadas nunha urna de plata, na cripta.

Un paseo polo casco histórico compostelán

Aconsellámovos dedicar o resto da tarde a explorar o casco histórico de Santiago, declarado Patrimonio da Humanidade. Deixade que vos sorprenda a arte feita pedra. Despois de contemplar as demáis fachadas e prazas que rodean a catedral, sentirédesvos cativados polas rúas de orixe medieval como a Rúa Nova e a Rúa do Vilar, o Preguntoiro, as Algalias (de Arriba e de Abaixo) ou Casas Reais. E coñeceredes o encanto de prazas como a do Toural ou Cervantes.

De tapas pola Rúa do Franco e A Raíña

Por tratarse da primeira noite en Santiago suxerimosvos que para cear optedes polas típicas racións galegas. Así gozaredes dalgúns dos pratos considerados imprescindibles na súa gastronomía como o polbo á feira, a carne ao caldeiro, a empanada, o raxo, a zorza, a orella de porco; mariscos das rías galegas como mexilóns, berberechos e ameixas; ou produtos de temporada como os pementos de Padrón ou as xoubas. Poderedes degustar todos estes manxares nas múltiples tabernas e restaurantes do casco antiguo. A Rúa do Franco e A Raíña concentran a maioría destes establecimentos.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba