Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > Engadir á "Miña viaxe"
Ría de Vigo e Baixo Miño

XEODESTINO

Ría de Vigo e Baixo Miño

A marxe sur da ría de Vigo é unha sucesión de grandes praias de area dourada e de recolectos portos...

Santiago de Compostela

CIDADES

Santiago de Compostela

Patrimonio da Humanidade desde 1985...

Camiño de Santiago

Camiño Portugués e Ruta Xacobea en barco

En Tui comeza esta aventura dunha semana. No Grove embarcarémonos nun catamarán para facer o itinerario marítimo-fluvial pola Ría de Arousa e o río Ulla, rememorando a chegada por mar a Galicia do corpo do Apóstolo Santiago. Dende Padrón, seguiremos o Camiño cara aSantiago

¡Interésache!

  • Inicio: Tui
  • Fin:Santiago de Compostela
  • Xornadas: 7
Ao noso encontro saírán poboacións bañadas por augas doces e salgadas que inclúen unha catedral-fortaleza, pontes medievais e ata un conxunto de hórreos na beira do mar

Propoñémosvos unha semana para coñecer o suxestivo trazado do Camiño Portugués dende Tui a Santiago. Durante o traxecto recrearemos a lenda da “Traslatio” xacobea por unha atractiva ruta marítimo-fluvial que ascende pola maior ría de Galicia e remonta o leito fluvial do río Ulla. Ao noso encontro saldrán poboacións bañadas por augas doces e salgadas que inclúen unha catedral-fortaleza, pontes medievais e ata un conxunto de hórreos na beira do mar.

Más información...
-Museo Provincial de Pontevedra. www.museo.depo.es
-Mosteiro de San Xoán de Poio. 986 770 244 (Monasterio)/986 770 000 (Hospedería)
-Museo do Pobo Galego. www.museodopobo.es
-Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago): www.cgac.org

 

Percorrido - Día 1º

A encantadora vila de Tui acóllenos no inicio do noso periplo

 

Ampliar

Suxerímosvos chegar a primeira hora da tarde a Tui, accesible pola AP-9, a A-55, a N-550 e a PO-552. É unha fermosa vila enriquecida pola paisaxe fluvial do río Miño é o seu carácter fronteirizo con Portugal.

Foi unha das capitais de Galicia ata 1833 e posúe a única catedral de toda a provincia de Pontevedra. Motivos máis que suficientes para deixarse perder entre as súas rúas, unha vez instalados no aloxamento escollido de entre unha variada oferta, na que destaca o Parador, situado a un kilómetro do centro, fronte á Ponte Internacional deseñada por Eiffel, que comunica con Portugal.

Comezamos a visita ascendiendo ao promontorio que é a vila de Tui. Sentiremos que o tempo se detivo no medievo ao subir polas Rúas Canicoba, Entrefornos, do Corpo Santo ou ao pasar polo túnel de Encerradas. Éste é un pasadizo abovedado baixo o convento das Clarisas que comunica a parte alta coa zona entre murallas. As mans das monjas que o habitan amasan os “peixiños”, uns deliciosos doces de améndoa. A súa receita é un segredo entre muros pero que non impide saborealos, pois pódense adquirir no convento ou nas confeiterías.

Os muros do convento das Clarisas
gardan o segredo da receita dos “peixiños”,
deliciosos doces de améndoa típicos de Tui
Xa na cima visitamos a Catedral de Tui, fermoso edificio mestura de templo e fortaleza. A súa porta occidental merece a fama de atoparse entre as máis fermosas do gótico español é ofrécenos imaxes inusuais como a da Virxe María tendida nunha cama, que representa a Natividade. Dende este punto domínase a conca do río Miño en toda a súa frondosidade, cos seus bosques de ribeira e fértiles vales, salpicados de hortas e grandes viñedos.

Meixón ou lamprea, con viños do Rosal

Á hora de cear, non esquecedes que Tui coñecese como a “capital do meixón”, con festa gastronómica o domingo de Pascua. Este manxar sérvese en cazoliñas de barro c típico mollo picante. Do estuario do Miño tamén sae a súa afamada lamprea ou a zamborca. Os viños do Rosal, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, son o compañeiro ideal destes pratos.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba