Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > Engadir á "Miña viaxe"
Terras de Santiago

XEODESTINO

Terras de Santiago

Estas son terras cun gran patrimonio artístico e monumental. Como o mosteiro de Sobrado dos Monxes...

Santiago de Compostela

CIDADES

Santiago de Compostela

Patrimonio da Humanidade desde 1985...

Camiño de Santiago

De viños pola Vía da Prata

Durante unha semana disfrutaremos dunha fascinante paisaxe, adornada con pontes medievais, igrexas ancestrais, mosteiros, fortalezas e pazos. visitaremos as súas adegas, degustaremos os seus viños e relaxarémonos nalgún balneario.

¡Interésache!

  • Inicio: Verín
  • Fin: Santiago de Compostela
  • Xornadas: 7
Pazos, torres, fortalezas, mosteiros e igrexas sairán ao noso paso, pero tamén o farán adegas de ata tres das cinco denominacións de orixe de viños que existen en Galicia. Coñeceremos e degustaremos os excelentes caldos que elaboran..

sta particular peregrinación combina as feiticeiras paisaxes galegas da Vía da Prata coa riqueza vitícola das terras que atravesa.

Máis información...
-Parador de Verín. Teléfono: 988 410 075
-Balneario de Laias (Cenlle). Teléfono: 988 280 409
-Mosteiro de Oseira (San Cristovo de Cea). www.mosteirodeoseira.org
-Pan de Cea. www.pandecea.org
-Colexiata de Sar (Santiago). www.colegiatadesar.com

Recorrido - Día 1º

O Camiño comeza en Verín, vila dominada pola Fortaleza de Monterrei

 

Ampliar

Aconsellámosvos chegar pola tarde a Verín, vila de entroidos ancestrais, no val do río Támega e capital de comarca. É unha das principais localidades da provincia ourensá, próxima a Portugal, situándose nunha das variantes no Camino del Sudeste-Vía de la Plata. A vila está dotada dunha importante oferta de aloxamento, destacando o Parador, aos pés da fortaleza medieval de Monterrei, os dous sinalizados dende a N-525, que nos achega á localidade, á que tamén podemos acceder a partir da A-52.

Unha vez instalados podemos visitar esta acrópole, a maior de Galicia para moitos autores, que dende hai 800 anos vixía a fronteira co veciño Portugal e domina sobre o val. Dende o Parador podemos ascender a pé polo outeiro, a mellor maneira de reparar na tripla muralla e en todos os edificios da impoñente fortaleza, construídos entre os séculos XII e XVII.

No patio de armas atopamos o chamado “pozo verde”, rodeado de lendas de infidelidades e suicidios, como o da esposa de Pedro o Cruel. Non perdades tampouco a oportunidade de subir á Torre da Homenaxe, impresionante mole de pedra de 22 metros de altura, dende onde teredes unha vista de varios quilómetros de paisaxes salpicadas de viñedos, hortas, pequenas aldeas e Verín aos seus pés.

Para cear, polbo á feira, bacallau ou androlla

Ao rematar o percorrido, baixaremos á vila. Se sodes amantes da heráldica impresionaravos o escudo que loce a fachada da Casa do Asistente, próxima á ponte que cruza o río Támega. Á hora de cear recomendámosvos o seu afamado polbo á feira, bacallau ou os manxares da matanza do porco como a androlla -embutido típico da zona-. Acompañaremos a comida cun viño da Denominación de Orixe Monterrei.

 

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba