Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
  • Talasos de Galicia
    Talasos de Galicia
  • Talasos de Galicia
    Talasos de Galicia
  • Talasos de Galicia
    Talasos de Galicia
  • Talasos de Galicia
    Talasos de Galicia
  • Talasos de Galicia
    Talasos de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Mananciais de Galicia > Experiencias > Engadir á "Miña viaxe"
Parque Nacional das Illas Atlánticas

NATUREZA

Parque Nacional das Illas Atlánticas

Aquí está a mellor praia do mundo. E non o dicimos nós, dío o xornal The Guardian...

Ría de Vigo e Baixo Miño

XEODESTINO

Ría de Vigo e Baixo Miño

A marxe sur da ría de Vigo é unha sucesión de grandes praias de area dourada e de recolectos portos...

Mananciais de Galicia

Auga, pedra e Cíes

En Oia somerxerémonos nas augas mariñas do seu talaso e beneficiarémonos dos seus tratamentos con algas, barros e sales. Logo avegaremos rumbo ás Illas Cíes, un paraíso natural de gran valor ecolóxico, onde nos bañaremos nunha das mellores praias do mundo.

Interésache!

  • Punto de inicio: Baiona
  • Punto final: Oia
  • Xornadas: 3

Unha escapada a Oia permite gozar do Atlántico en todas as súas vertentes. A máis saudable, beneficiándose das súas augas nas instalacións dun balneario mariño. A máis excitante, surcando o océano ata as costas das islas Cíes, un paraíso natural onde admirar a beleza das súas paisaxes e tomar conciencia do seu gran valor ecolóxico no Parque Nacional das Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Máis información...
- Talaso Atlántico. www.talasoatlantico.com
- Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. www.iatlanticas.es
- Mosteiro de Santa María de Oia. www.monasteriodeoia.com

 

Percorrido - Día 1º

As augas do Atlántico, concentradas nun talaso

Ampliar

Por unha pintoresca estrada costeira chégase ao concello de Oia, na comarca do Baixo Miño. É o que vos suxerimos para experimentar os efectos das recoñecidas propiedades mineiromedicinais da auga mariña do Atlántico e das súas algas, limos, sales e lodos; aplicados en tratamentos de saúde, de estética e de relax.

A brisa do mar en Cabo Silleiro
Recomendámosvos chegar a primeira hora da tarde a esta zona limítrofe entre o concello de Oia e o de Baiona. Así teredes a oportunidade de entrar en contacto coa espectacular paisaxe desta costa aberta ao océano, que vos impresionará. Podedes facelo dende o miradoiro do faro do Cabo Silleiro. Cóllese unha estrada que parte de Baiona cara á Guarda e, a uns cinco quilómetros, un desvío á esquerda permítenos subir ata o mesmo faro. É unha situación privilexiada para contemplar como as ondas golpean esta rochosa costa e divisar a vila de Baiona, as illas Cíes e,mirando ao lonxe, Cabo Home.
O faro de Cabo Silleiro, vestido das características raias vermellas e brancas, atópase a 85 metros sobre o nivel do mar. Inaugurouse en 1924 para substituír ao antigo de 1866 e hoxe é un dos principais puntos de orientación para os navíos que sucan estas augas. A súa lámpada de 3.000 w vese a 40 millas cando o tempo está despexado. Máis arriba acharedes antigas baterías de artillería e os restos do cuartel militar, que servían de defensa deste tramo da costa.
Augas mariñas a 34 graos, algas, barros e sales minerais
O resto da tarde podemos gozar nas instalacións termais do talaso. A súa piscina de auga de mar quentada a 34 graos ten diferentes sistemas de hidroterapia, orientados a proporcionar un estado de relax e benestar seguindo un circuíto mariño. Outra opción é experimentar as propiedades das algas, os barros ou os sales en forma de tratamentos remineralizantes, hidratantes, antioxidantes ou antiestrés.
Para cear, polbo, nécoras, vieiras ou ourizo de mar
Á hora da cea podedes considerar quedarvos no restaurante do hotel-talaso ou elixir outro da zona. Nas dúas marxes da estrada costeira que atravesa todas as poboacións de Oia abundan os restaurantes que inclúen nas súas cartas os produtos destas costas, en especial o polbo, a nécora, a vieira e o ourizo de mar, nas súas distintas preparacións. Á hora de elixir o viño tede en conta que estamos preto da zona do O Rosal, que pertece a Denominación de Orixe Rías Baixas.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba