Galicia, unha experiencia enoturística

En Galicia o viño é cultura e arte, froito dunha tradición milenaria. Rías Baixas, O Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei son as cinco denominacións de orixe que na actualidade amparan algúns dos mellores caldos de todo o mundo.

Descobre os segredos dos viños galegos paseando entre viñedos en escarpadas ladeiras ou á beira do mar; percorrendo as súas adegas, as máis vangardistas, as máis señoriais e tamén as de maior tradición familiar. Coñece como vivían os primeiros poboadores destas terras nos castros, os enigmas das fortalezas medievais, o misterio que encerran os muros dos mosteiros. Goza de lugares recónditos na montaña, visita cidades históricas e pasea por vilas mariñeiras.

Pazos, hoteis con encanto, casas rurais, balnearios e talasos coidan con agarimo ao visitante. E unen a súa oferta á de restaurantes que te obsequiarán con todo o sabor de Galicia. Albariño, mencía, godello, treixadura... e ata máis de vinte variedades de uvas autóctonas conxugan á perfección cos manxares máis exquisitos. Terra de peixes, mariscos, carnes, pan, queixo, postres tradicionais e unha gran variedade de licores. Convidámoste a vivir experiencias enogastronómicas únicas.

Arriba
Axúdanos a mellorar!