Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Ruta da camelia > Experiencias > Engadir á "Miña viaxe"
Pazo de Oca

RUTA DA CAMELIA

Pazo de Oca

Prata e pedra: Unha camelia branca colocada sobre unha bandexa de prata e un paniño de encaixe...

Pazo de Rubiáns

RUTA DA CAMELIA

Pazo de Rubiáns

Polos sendeiros do tempo. As camelias do pazo de Rubiáns habitan un xardín imbuído de sombras medievais...

Ruta da Camelia

Camelias durmindo en... pazos

En Padrón iniciamos esta ruta, que nos leva a Santiago de Compostela e aos pazos máis emblemáticos ata Pontevedra e Soutomaior. Ademais dos seus xardíns, gozaremos da súa historia e da súa gastronomía.

Interésache!

  • Punto de inicio: Padrón
  • Punto final: Soutomaior
  • Xornadas: 4
A presenza destacada da camelia, unha das flores máis emblemáticas dos xardíns palacianos de Galicia, apórtalles beleza e unha marcada personalidade

Propoñémosvos unha escapada en contacto coa pedra máis nobre de Galicia, a dos seus pazos, e todo un universo vexetal concentrado nos seus bosques e xardíns.
Neles, as especies autóctonas e exóticas conviven entre estanques, fontes e fervenzas.
E xogan en composicións xeométricas, ao estilo francés, ou se envolven dunha apariencia agreste, máis inglesa.

Máis información...
- Pazo de Lestrove. www.pazodelestrove.com
- Pazo de San Lourenzo. www.pazodesanlorenzo.com
- Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Teléfono: 981 512 011
- Pazo de Oca. Teléfono: 986 587 435
- Pazo de Rubiáns: www.pazoderubianes.com
- Finca de A Saleta. Teléfono: 986 872 323
- Pazo de Lourizán. Teléfono: 986 805 000
- Castelo de Soutomaior: www.hotelpousadadelcastillo.com

 

Percorrido - Día 1º

Os xardíns de Padrón

 

Ampliar

Os nobres xardíns de Galicia son espazos que se prestan ao paseo sosegado e á charla.

Podemos iniciar o noso percorrido en Padrón, vila de resonancia literaria e xacobea, dentro da comarca do Sar, ao sur da provincia da Coruña. Para gozar con calma destes escenarios suxerímosvos chegar a primeira hora da tarde e buscar hospedaxe na localidade ou no seu contorno, que ofrece hoteis, pensións, casas rurais e pazos convertidos en aloxamentos turísticos.

No Xardín Botánico-Artístico conviven 300 especies diferentes

Unha vez acomodados podedes dirixirvos ao Xardín Botánico-Artístico, declarado Ben de Interese Cultural con categoría de Xardín Histórico en 1946. Está situado ao pé da estrada nacional ao seu paso por Padrón, na Avenida de Compostela.

O seu deseño lembra á moda francesa, que se incorporou ás características dos pazos galegos. Está rodeado por unha reixa de ferro forxado de estilo decimonónico que incrementa o aire romántico que xa lle concede a súa frondosidade. A entrada condúcenos ao corredor principal de plataneiros, que axuda a distribuír as sendas e as diferentes áreas nas que se divide o xardín.

O xardín posúe unha secuoia vermella,
unha árbore do amor e
unha palmeira de Senegal

Aquí conviven trescentas especies, moitas exóticas e algunhas únicas en España, en apenas unha hectárea de terreo. Destacan a secuoia vermella, que representa o teito vexetal do xardín, ao lado da estatua do trobador medieval Macías o Namorado; a
árbore do amor, cuxas ramas espiñosas enrédanse formando a coroa de Cristo; ou a palmeira de Senegal, que proporciona as palmas para o Domingo de Ramos. Se a nosa visita é invernal gozaremos do colorido das súas camelias e se é a principios de
verán da fragrancia das gardenias.

O Pazo de Lestrove ten cinco hectáreas de terreo axardinado

Moi preto do centro da vila, seguindo a Rúa do Carme, despois de cruzar a ponte sobre o río Sar, hai outro destino interesante pola súa arquitectura e espazos naturais, que se estenden en cinco hectáreas de terreo axardinado. É o Pazo de Lestrove, un edificio orixinario do século XVI que serviu de mansión de recreo aos arcebispos composteláns e que hoxe é un hotel-monumento con categoría de catro estrelas.
Tamén se coñece como Pazo Anxo da Garda pola advocación da súa capela. Suxerímosvos que entredes nela para ver unha impresionante talla a tamaño natural da Dolorosa, obra do escultor Ferreiro. Outro dos elementos que máis encanto reúne é unha fonte de pedra de tres alturas coroada cun Santiago peregrino, que nos dá a benvida dende o patio da entrada.

Os afamados pementos de Padrón

Ao rematar o percorrido podedes cear no restaurante do pazo ou optar por facelo en Padrón. Nos restaurantes, locais de tapas, polberías e tascas tradicionais do casco antigo non faltan os produtos da mesa tipicamente galega. Aquí o protagonista é o pemento de Padrón da Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón, polo que é coñecido este concello e o dito que acompaña a súa degustación: “Uns pican e outros non”.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba