Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Deza - Tabeirós > Engadir á "Miña viaxe"

Destacado...

Fervenza do Toxa e Mosteiro de Carboeiro

Fervenza do Toxa e Mosteiro de Carboeiro

O río Toxa cae en cascada na coñecida Fervenza desde vinte e cinco metros en caída vertical esculpindo a roca entre un inmenso bosque de carballos...

ver máis
Gastronomía de Galicia

Gastronomía de Galicia

En Galicia non podes deixar de gozar da súa Gastronomía...

Deza - Tabeirós

Festas e gastronomía...

O cocido é o eixo da gastronomía do xeodestino.

Lalín non desperdicia esa oportunidade e a súa Feira do Cocido (Festa de Interese Turístico Nacional) revive cada ano co entroido. Tamén é moi concorrida a Festa do Gaiteiro de Soutelo, en Forcarei, que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia. Non lonxe, en Vila de Cruces, a Festa do Galo de Curral está considerada de Interese Turístico de Galicia, mentres que, na Estrada, outra cita declarada de Interese Turístico Internacional converteuse en polo de atracción: Rapa das Bestas de Sabucedo, a loita milenaria entre o home e o cabalo salvaxe.
Metidos en agosto é a localidade de Bandeira a que reclama a atención, coa súa Festa da Empanada, existente desde 1974. O lacón é honrado como se merece en Silleda. Mel e queixos completan o mapa gastronómico, o primeiro en Codeseda e os segundos en Vinseiro e Callobre.

Durante o entroido en varias zonas teñen lugar os Altos dos Xenerais do Ulla, normalmente o fin de semana anterior ao martes de entroido, nos que se que cantan os “vivas” e danse os “atrancos”.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba