PICO SACRO

Áreas de recreo e miradoiros
5803
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lestedo (Santa María)

Lugar: Lestedo

15881  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 29.3" N - 8º 26' 48.5" W

Descrición

O Pico Sacro é unha excepcional formación de cuarzo resultante de movementos tectónicos. Esta orixe outórgalle unha morfoloxía singular en forma de pirámide que serve de referencia aos peregrinos, especialmente no caso da Vía da Prata. Dende a súa cima domínase un amplo territorio, especialmente o val do Ulla.

Segundo a lenda da Raíña Lupa recollida no Códice Calixtino, que narra a chegada do corpo de Apóstolo Santiago a Galicia, catalógase ao Pico Sacro como a súa primeira tumba.

As múltiples lendas e historias vinculadas a este monte sagrado teñen reflexo nun excelso legado patrimonial que inclúe elementos inmateriais (cantigas, ditos, historias) e materiais como a Ermida de Santo Estevo ou covas como o Burato dos Mouros, onde, segundo a lenda, os romanos buscaron ouro.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!