PENA TREVINCA

Espazos naturais
3463
No Camiño de Santiago

Localización

Ourense

A Veiga | Carballeda de Valdeorras | Manzaneda | O Bolo | Viana do Bolo

Coordenadas:
42º 10' 02.8" N - 6º 58' 01.5" W

Descrición

Alta montaña
Paisaxes subalpinas, por riba dos dous mil metros de altitude, só se ofrecen en Galicia na confluencia das serras do Eixe, Calva e Segundeira. Acádase o teito da comunidade nos tres altos da Pena Trevinca (2.127 m), Pena Negra (2.123 m) e Pena Survia (2.122 m) que coroan este amplo espazo protexido unido ao Parque Natural Lago de Sanabria (Zamora).
Salientan daquela a formación de lagos naturais e outros elementos de orixe glaciar. Na vertente oeste galega, que desauga cara á conca do Sil, o Xares e o Bibei deixan fermosas estampas de ríos de alta montaña nas épocas do desxeo.
Polas condicións de afastamento a zona mantívose relativamente illada aínda que tamén en fráxil equilibrio. Un dos seus símbolos cada vez máis recoñecido é a conservación do Teixadal de Casaio. Trátase dun reducido grupo de trescentos teixos centenarios que forman un bosque único en Europa. O outro, a subsistencia dunha parella de aguias reais como elemento significativo da avifauna.

Acceso

Desvío cara á Veiga na estrada comarcal OU-533 A Rúa-A Gudiña. Desde A Veiga ata Xares por estradas locais. Desde O Barco de Valdeorras, pola OU-121 ao encoro de Prada (A Veiga); ou por Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) con desvío pola OU-122 en dirección a Casaio.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Situación

Concellos ourensáns de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo, nos límites coa Comunidade Autónoma de Castela e León.

Superficie

24.860,33 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Sen pérdida

O principal punto de acceso realízase desde a localidade da Veiga, próxima ao encoro de Prada, e que permite o achegamento ao macizo montañoso por pequenas aldeas limítrofes ao espazo protexido. Por exemplo, Xares, cun couto de caza maior; os muíños da Ponte ou as casas de Corzos entre grandes óvalos de pedra.
Ao sur, o acceso á aldea de Pradorramisquedo pola sinuosa estrada desde Viana do Bolo permite achegarse ás beiras do río Bibei modeladas na pedra. Desde aquí é doado continuar ata Porto, na vertente zamorana.
Pola contra, o Teixadal de Casaio sitúase no extremo norte do espazo, no concello de Carballeda de Valdeorras. O acceso a pé é longo desde a estación da Fonte da Cova (1.800 m).

Outras características

Zona ZEPA
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!