RÍO TEA

Espazos naturais
1790

Localización

Pontevedra

Covelo | Fornelos de Montes | Mondariz | Mondariz-Balneario | Pazos de Borbén | Ponteareas | Salvaterra de Miño

Coordenadas:
42º 14' 16.7" N - 8º 30' 56.2" W

Descrición

A variedade de paisaxes fluviais do río Tea, en apenas cincuenta quilómetros de lonxitude, convérteo no referente ecolóxico da comarca do Condado. Desde o seu nacemento no alto de Moncelos, entre as serras do Suído e Faro de Avión, ata desembocar no Miño mantén importantes formacións de bosques de ribeira.
As praias fluviais e áreas de lecer permiten o achegamento da poboación en numerosos puntos. Algúns delas son de gran beleza, como o vao dos pasos de Tatín ou a ponte de Cernadela, de orixe romana, impresionante polos cos seus cinco e irregulares arcos. Outro dos lugares destacados do río Tea é o seu paso por Mondariz-Balneario. É este o concello máis pequeno de Galicia, pero alberga as formidables edificacións históricas do famoso balneario.

Acceso

Desde Ponteareas, para a desembocadura en Salvaterra do Miño pola comarcal PO-403; augas arriba pola PO-254 cara a Mondariz.

Situación

Concellos de Pazos de Borbén, Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz- Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño, ao sur da provincia de Pontevedra.

Superficie

357,13 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!