CABO UDRA

Espazos naturais
2443

Localización

Pontevedra

Bueu | Cangas

Coordenadas:
42º 20' 28.3" N - 8º 50' 05.5" W

Descrición

A ría de Aldán ábrese no extremo da península doMorrazo entre a punta do Couso (Ver LIC Costa da Vela) e o cabo Udra. A súa costa desde a praia da Mourisca (Bueu) e Menduíña (Cangas) é un colar de rochedos e pequenos areais tocados de beleza e riqueza submarina.

Os golfiños, arroaces e toniñas son rela;vamente frecuentes nestas augas tamén amparadas pola área protexida. Desde terra a súa observación cunhas vistas panorámicas que non defraudan convértense nun dos principais atrac;vos para a súa visita. Existe unha ruta sinalizada desde Bueu e unha Aula da Natureza na parroquia de Beluso.

No percorrido descubriremos os peculiares chozos, construcións dos pastores ao abeiro dos numerosos penedos da zona, e baterías militares abandonadas.

Acceso

Desde Pontevedra a Bueu pola estrada PO-551, desvíos finais no tramo de Beluso.

Situación

No extremo da península do Morrazo, separa a ría de Pontevedra da pequena ría de Aldán, nos concellos de Bueu e Cangas.

Superficie

623,36 ha, das cales 443 son augas mariñas.

Servizos

Aloxamento e comida nas proximidades.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!