BETANZOS-MANDEO

Espazos naturais
2856
No Camiño de Santiago

Localización

A Coruña

Aranga | Bergondo | Betanzos | Coirós | Irixoa | Miño | Oza-Cesuras | Paderne

Coordenadas:
43º 17' 19.8" N - 8º 13' 04.0" W

Descrición

Ata o século XVIII o porto de Betanzos foi un dos máis importantes centros pesqueiros e comerciais do an;go Reino de Galicia. Os sedimentos fluviais que colmataron a ría e minguaron o seu calado fixeron esmorecer entre outros factores o tráfico marí;mo. A ría de Betanzos conta na actualidade cunha das maiores extensións de marismas litorais de Galicia e aínda conserva un pequeno porto e embarcacións na confluencia dos dous ríos Mendo e Mandeo que abrazan o recinto urbano. As ribeiras fluviais forman a outra parte deste espazo protexido que chega no caso do Mandeo ata 25 quilómetros augas arriba.
O mellor observatorio do humidal está nos accesos que circulan pola marxe esquerda da ría. Por aquí atoparemos o pazo de Mariñán (Bergondo) e poderemos entrar en horario de visita aos xardíns que reúnen entre os seus valores naturais ata cinco taxons vexetais catalogados como Árbores Senlleiras. Os i;nerarios interiores atopan en Chelo (Betanzos), ademais da Aula da Natureza, o comezo dos sendeiros que penetran no corredor vexetal do río Mandeo. O curso fluvial acelérase por veces neste treito entre os afloramentos de granito frecuentes ofrecendo fermosas estampas ao ritmo das augas.

Acceso

A autovía A-6, a autoestrada AP-9 e a nacional N-VI comunican con Betanzos e discorren preto do espazo natural. Para o couto de Chelo, desvío na N-VI en Queirís- Collantres (Coirós).

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Situación

No fondo da ría de Betanzos (A Coruña), concellos de Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras e Paderne.

Superficie

864,58 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Información e equipamentos

Aula de la Naturaleza de Chelo
Teléfono: +34 981 541 789

Tamén che pode interesar

Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!