SERRA DO XISTRAL

Espazos naturais
3958
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo

Abadín | Alfoz | Cervo | Mondoñedo | Muras | O Valadouro | Ourol | Vilalba | Viveiro | Xermade | Xove

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez

Coordenadas:
43º 27' 33.2" N - 7º 32' 55.9" W

Descrición

Fértil vento
O intenso aproveitamento eólico desta pequena cordilleira de interposición entre a costa cantábrica e os interiores da Terra Chá delata a presenza constante do vento. Entre eles a xistra, ese golpe de vento húmido e xélido que aquí varre os cumes sen máis amparo que a rocha espida dalgúns picos.
O macizo setentrional está formado polo Xistral co punto máis elevado no Cadramón (1.062 m), os montes da Toxiza (832 m) e os da Carba (908 m). Ademais do vento, tamén son o reino da néboa. Atrapan as nubes cargadas que deixan todos os anos cantidades significativas de precipitacións. Malia a proximidade do mar, non son raras as nevaradas invernais. A auga deposítase nas chairas elevadas enchoupando os pasteiros naturais e creando extensos depósitos de turba. Son as turbeiras de cobertor que popularmente reciben o nome de barreiras, tremoal ou lago. Por exemplo, nos lugares das Barreiras do Lago, Lagoa das Furnas, Tremoal da Charca de Santa Cruz...
Os principais ríos que teñen a súa cabeceira nestasmontañas son o Eume, na vertente atlán;ca; e o Landro, Ouro e Masma, na cantábrica. Os cabalos salvaxes en liberdade son unha imaxe frecuente nesta serra.

Acceso

Desde Vilalba enlace coa LU-540 con desvíos ao leste en Muras e Ourol cara ao Valadouro. Pola outra vertente, accesos locais desde Mondoñedo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Situación

No norte de Lugo, concellos de Abadín, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, Ourol, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro; e toca tamén no municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez.

Superficie

22.480,98 ha.

Servizos

Aloxamento e comida nas poboacións próximas.

Tamén che pode interesar

Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!