RÍO CABE

Espazos naturais
1993
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo

A Pobra do Brollón | Bóveda | Monforte de Lemos | O Incio | Pantón | Sober

Coordenadas:
42º 33' 55.3" N - 7º 28' 15.6" W

Descrición

Ametade do espazo pertence aos ameneiros, salgueiros e freixos acompañadas doutras masas forestais autóctonas e de repoboación. Trátase dunha galería vexetal á beira do Cabe, na conca do Sil, desde as montañas do Courel ata a chaira de Monforte de Lemos. Recoñece ademais moitos dos seus tributarios como o Carabelos, o Cinsa e o Mao dentro da rede fluvial protexida.
A variabilidade climática do territorio tamén se traduce en diversidade de escenas. Por exemplo, a pouco frecuente en Galicia dun río conxelado como a do Cabe baixo a Ponte Vella de Monforte de Lemos. Pontes e muíños modestos e fermosos son o patrimonio, pero tamén os pazos señoriais, adegas entre viñedos e arte relixiosa.

Acceso

A estrada LU-546 (Lugo-Monforte de Lemos) atravesa de norte a sur este espazo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Situación

Na comarca de Terras de Lemos, ao sur de Lugo, concellos de Bóveda, O Incio, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Pantón e Sober.

Superficie

1.576,53 ha.

Servizos

Aloxamento e comida nas vilas de referencia.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!