CARBALLIDO

Espazos naturais
2977
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo

A Fonsagrada | A Pontenova | Ribeira de Piquín

Coordenadas:
43º 16' 52.6" N - 7º 08' 51.6" W

Descrición

A estrada local que une as localidades da Pontenova, ao norte, e A Fonsagrada, ao sur, é a principal vía de acercamento a dous extensos bosques autóctonos, separados entre si, e de difícil acceso que cobren a rede tributaria da conca alta do Eo. O primeiro é a fraga do río Reigadas e outros regatos. É recomendable a visita a partir da ferrería de Bogo (A Pontenova), onde se recuperou a un interesante conxunto etnográfico do século XVIII relacionado coa riqueza férrica da comarca.
O segundo bosque, no concello da Fonsagrada e Ribeira de Piquín, é a fraga de Carballido. O río de referencia é o Rodil e a multitude do seus tributarios, principalmente o Veiga de Logares. Existen referencias da presenza esporádica do oso pardo.

Acceso

Desde A Pontenova ou A Fonsagrada pola estrada LU-740.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Situación

No límite co Principado de Asturias, concellos da Pontenova, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada (Lugo).

Superficie

4.633,94 ha.

Servizos

Turismo rural

Tamén che pode interesar

Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!