CASTELO DE NARAÍO

Civil
2945

Localización

Parroquia: Naraío (Santa María)

Lugar: Castelo

15576  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 40.9" N - 8º 03' 33.0" W

Descrición

Castelo medieval vinculado á casa dos Andrade (señores feudais da bisbarra). En tempos de Fernán Pérez de Andrade "O Bo", o castelo engadiu á súa función residencial a de cárcere para vasalos rebeldes ou morosos. Áchase levantado sobre a rocha a 400 m de altitude, nas inmediacións do río Castro. Planta irregular, en forma de polígono de doce lados. Aspecto macizo e escaseza de vans. Consérvanse algunhas torres graduadas, sen parte superior. A torre da homenaxe, de planta cadrada e situada no centro do patio de armas, conserva algunha bóveda, onde se sitúa o alxibe. Os restos das murallas aparecen en dous niveis, coas portas de acceso formadas por arcos de medio punto e interesantes pasadizos abovedados. Hoxe, á espera da continuación das obras de acondicionamento, constitúe unha imaxe cargada de beleza, nun agradable espazo natural.

Acceso

Dende a capital municipal coller a autovía AG-64 dirección ás Pontes, no km 4 toma a saída 17 cara á AC-125, en dirección Penavidreira/Naraío, a 1,5 km na rotonda, toma a segunda saída en dirección AC-125, e a 2 km aproximadamente se atopa o Castelo.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!