PR-G 118 RUTA DOS SOUTOS

Sendeirismo
2235
No Camiño de Santiago

Localización

Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 10' 02.2" N - 7º 10' 55.6" W

Descrición

Este percorrido circular parte da capital municipal de Vilariño de Conso e discorre pola parte oriental das serras de Manzaneda, A Queixa e os montes do Invernadeiro. Nestas terras de montaña, cunha altitude media de 900 m, atopamos unha vexetación variada de castiñeiros, carballos, bidueiros e acivros. Tamén con zonas de pasto de gando e parcelas de agricultura de autoconsumo na veciñanza das aldeas.
Un antigo camiño de carros parte dende Vilariño de Conso cara a Conso para se converter nunha pista que ascende ata alcanzar San Cristovo, onde se enclava o Pazo de Conso. Dende aquí, comezamos o descenso ata chegar novamente a Conso para visitar a súa igrexa. Tras abandonar a aldea e en dirección ao Palacio, existe a posibilidade de desviarse para visitar a presa do Encoro do Vao, á PR-G 118 Ruta dos Soutos que accedemos cruzando unha ponte no lugar coñecido como A Auga Lavada. De volta na ruta principal, continuamos o camiño de regreso a Vilariño de Conso.
No inverno é fácil encontrar este percorrido nevado.

Acceso

Dende a N-120, que une Ourense e Ponferrada, desviarse pola OU-533 e, na altura de Cambela, coller a OU-0701 ata chegar a Vilariño de Conso.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Un plus

PARQUE NATURAL O INVERNADEIRO

O Invernadeiro abrangue varias serras do sur do macizo ourensán, é unha paisaxe típica de cumes redondeados cubertos de especies vexetais endémicas. Corzos, cabras montesas, lobos e porcos bravos, ademais de dúas parellas de aguias reais, comparten este lugar situado nun enclave xeográfico a cabalo entre o mundo mediterráneo e o eurosiberiano.
O parque conta cun observatorio de fauna e flora, así como con varios itinerarios sinalizados. Entre os meses de xullo e setembro realízanse visitas guiadas polos biólogos do Servizo de Conservación da Natureza; é esta unha moi boa oportunidade para coñecer un dos espazos naturais mellor conservados de Galicia e vivir unha experiencia única, illados en plena natureza.

Lonxitude

A ruta principal mide 7,9 km e a derivación de ida e volta 7 km

Punto de partida/chegada

A 300 m da Casa Consistorial de Vilariño de Conso - UTM:29T X:650160 Y:4669951

Percorrido

Vilariño de Conso, Conso, San Cristovo, Conso, Encoro do Vao, O Palacio, Vilariño de Conso.

Dificultade

Media

Duración

3 horas.

Material

No inverno é habitual atopar neve, polo que se aconsella ir preparados con roupa de abrigo e bastóns.

Servizos

En Vilariño de Conso.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

228-III Viana do Bolo.

Máis información

Concello de Vilariño de Conso
Tel.: 988 340 302
www.vilarinodeconso.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese xeral

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!