PR-G 137 RUTA DOS SOUTOS DE CESURIS

Sendeirismo
2085

Localización

Manzaneda - Ourense

Coordenadas:
42º 16' 00.3" N - 7º 11' 07.0" W
42º 16' 15.7" N - 7º 11' 22.6" W

Descrición

Entre castiñeiros centenarios, esta ruta intérnase no Macizo Central para percorrer un dos recantos máis descoñecidos dentro do municipio de Manzaneda. Un lugar onde, malia o despoboamento, aínda se manteñen vivas actividades tradicionais coma o pastoreo, a agricultura e a recollida da castaña.
Tras cruzar San Miguel de Bidueira e deixar atrás a igrexa parroquial do mesmo nome atópase o cartel de inicio desta ruta. Dende aquí, coa panorámica do glaciar de Prada ás nosas costas, dirixímonos cara á aldea de Trabazos, que esconde a capela de Santo Antonio, ata alcanzar Cubeiros. Dende Borruga, atravesando o Souto de Tonxil e Placín, chégase ao final desta ruta nas aforas de San Miguel de Bidueira.
Chegados a este punto existe a posibilidade de enlazar este sendeiro co PR-G 138.

Acceso

Na Pobra de Trives, no oriente ourensán, desviámonos cara a Manzaneda pola OU-0701 que pasa por Mendoi, Sobrado e o centro da vila de Manzaneda ata chegar a San Miguel de Bidueira.

Un plus

RECOLLIDA DA CASTAÑA: «A REBUSCA»

Durante os meses de outubro e novembro, os bosques de castiñeiros ou soutos énchense de colleiteiros á procura da castaña. A variedade máis común no municipio de Manzaneda é a castaña amarelante, de alta calidade e moi valorada no mercado. Ademais de ser unha das maiores produtoras nacionais de castaña, Manzaneda conserva o castiñeiro de maior perímetro de Galicia en Rozabales, a pouca distancia da ruta.
O final da temporada da castaña está marcado pola actividade coñecida como «A Rebusca», na que se escolman a man as últimas castañas da colleita.

Lonxitude

11,37 km. A ruta principal mide 10,83 km. e a derivación de ida e volta 540 m..

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: San Miguel de Bidueira (Manzaneda) - UTM:29T X:649421 Y:4681672
Punto de partida: San Miguel de Bidueira (Manzaneda) - UTM:29T X:649786 Y:4681206

Percorrido

San Miguel de Bidueira, Trabazos, Cubeiros, Borruga, Soutos de Tonxil, Placín, San Miguel de Bidueira.

Dificultade

Media

Duración

3 horas.

Material

Por tratarse de alta montaña e por mor da duración da ruta, recoméndase calzado de montaña, roupa de abrigo, auga e comida.

Servizos

Fóra da ruta, en Manzaneda.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

227-II Manzaneda y 228-I A Veiga.

Máis información

Concello de Manzaneda
Tel.: 988 333 043
www.concellodemanzaneda.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese paisaxístico
Interese xeral

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!