PR-G 141 RUTA DO OURO E DO CAMIÑO REAL

Sendeirismo
1837
No Camiño de Santiago

Localización

Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 49.8" N - 7º 20' 21.1" W

Descrición

Esta ruta circular comeza na aldea de Margaride, ao lado do antigo complexo mineiro coñecido como Covas do Medo.
Ascendemos por un estreito sendeiro, próximo á vía do tren, ata alcanzar a aldea das Covas. Dende este punto unha pista forestal ha levarnos ata unha dura subida; na súa cima atópanse os restos de Castro Dares e un miradoiro que ofrece unha espectacular panorámica do río Sil, o val de Quiroga e os cumes que o arrodean.
Tras repoñer forzas neste privilexiado lugar, a ruta acomete pequenas baixadas e suaves pendentes ata enlazar co trazado do coñecido como Camiño Real, sinalizado como Camiño de Inverno.
Dende aquí continúase polo norte da aldea de Riomaior. En dirección ao Carballo de Lor chégase ao Pontón do Rigueiro, unha antiga ponte restaurada recentemente que conserva o seu deseño orixinal e que nos ha conducir de volta a Margaride a través do vello Camiño da Misa.

Acceso

Na N-120 que une Ourense con Ponferrada, tomar a LU-5003 que leva a Margaride.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Un plus

CAMIÑOS REAIS

Construídos pola Coroa Española, aproveitando en moitas ocasións antigas calzadas romanas para o tránsito de persoas, mercadorías e gando. Eran vías para comunicar as diferentes áreas do país, tamén coñecidas como «camiños de ferradura», por estaren empedradas para facilitar o traballo das bestas de carga.
Nestes camiños instaláronse sinais para marcar as distancias percorridas en légoas, herdanza do sistema miliario romano, así como outros elementos que facían máis confortable o camiño como fontes, bancos de pedra, reloxos de sol e establecementos de comidas.
O tramo do Camiño Real deste percorrido aparece documentado en diferentes escritos como ruta de entrada a Galicia dende Ponferrada. Ruta xa empregada polos romanos, que máis tarde se converteu nunha derivación do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela.

Lonxitude

16 km.

Punto de partida/chegada

Covas do Medo en Margaride (Quiroga) - UTM:29T X:636629 Y:4704680

Percorrido

Covas do medo, Castro Dares, Camiño Real, Riomaior, Pontón do Rigueiro, Covas do Medo.

Dificultade

Media - Alta

Duración

5 horas e media.

Servizos

Fóra da ruta, na N-120, no lugar do Conceado, a 1,5 km de Margaride.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

189-II Quiroga.

Máis información

Concello de Quiroga
Tel.: 982 428 001
concello.quiroga@eidolocal.es
www.concellodequiroga.com

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese xeral

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!