CEMITERIO DOS INGLESES

Civil
7260

Localización

Parroquia: Xaviña (Santa María)

15123  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 08.6" N - 9º 10' 13.3" W

Descrición

A orixe deste cemiterio remóntase ao naufraxio do buque escola inglés The Serpent no 1890 e, do que tan só houbo tres supervivintes dos 175 tripulantes. Créese que as principais causas da traxedia debéronse  a un temporal e á deficiente luz do antigo faro.
Debido á dimensión dos acontecementos as vítimas da mariña británica foron soterradas arredor do sinistro.
En agradecemento á comunidade de Camariñas pola axuda prestada o Lord Commissioner of the British Almiralty agasallouse ao párroco de Xaviña cunha escopeta, ao alcalde cun reloxo de ouro e, cun barómetro ao pobo.
Foi, tras este suceso, cando o proxecto dun novo faro proxectado cobrou forza e, o actual faro convertiuse en realidade, sendo un dos máis maxestosos da Costa da Morte.
Na actualidade, o coñecido como Cemiterios dos Ingleses está incluído no Itinerario Cultural Europeo da Ruta Europea de Cemiterios Singulares.

Acceso

Pola AC-432 até desvío a man dereita, a altura do restaurante Ariño, por Pedrouzo.

Patrimonio cultural Civil Cemiterios singulares
Arriba
Axúdanos a mellorar!