ALDEA DE SECEDA

Etnográfico
4576

Localización

Parroquia: Seceda (San Silvestre)

Lugar: Seceda

27325  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 25.5" N - 7º 13' 27.2" W

Descrición

A parroquia de Seceda ten moito que ver. Está enmarcada nun lugar impresionante, onde o verde inúndao todo. As súas empinadas rúas pasan en moitas ocasións baixo corredores aéreos que unen casas que teñen cubertas en común, constituíndo así a clásica estructura medieval denominada empoleirada.
A aldea viviu unha restauración que mellorou visiblemente o aspecto de abandono e converteu o lugar nun sitio cheo de encanto. Restauráronse fachadas, cubertas, escaleiras e rúas. Foi declarada Ben de Interese Turístico. O conxunto complétase ca igrexa de San Silvestre que está a uns metros do núcleo urbano, nun alto que mira cara ó sur.
Na zona atópase tamén O Castro de A Torre, do século II-IV d. Cristo tamén chamado de Sobredo por encontrarse neste lugar. Localizase nun gran promontorio preto de Sobredo. O acceso está indicado e despois de camiñar uns cuantos metros está o castro. Ten unhas vistas impresionantes da serra, aquí foron encontrados restos de cerámicas prerromanas e observase a estructura dunha torre cadrada que da nome o castro. O foso defensivo mide uns 100 m. e a profundidade é de 15 a 20 m. de altura. Hai tamén un curioso depósito de auga escavado na roca viva.

Acceso

Dende a capital municipal, Folgoso, tómase a estrada cara a Seoane. Preto do quilómetro 30 da LU-651 tomamos o desvio Sobredo/Seceda.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!