CASAS DE FDEZ. LÓPEZ, DE CASTRO MONTEAGUDO,...

Civil
676
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Pasantería, 10-12

36002  Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 25' 57.0" N - 8º 38' 34.9" W

Descrición

Casas barrocas señoriais que albergan parte dos fondos do Museo Provincial.
A Casa de Castro Monteagudo e o Pazo de García Flórez, ambas de mediados do século XVIII, están unidas entre si por un orixinal arco moderno.
Edificio Castro Monteagudo: sede de coleccións de arqueoloxía, ourivería prerromana e romana, ourivería popular e civil (colección Fernández de la Mora) e pintura española, italiana e flamenca dos s. XV ao XVIII.
Edificio García Flórez: acibeches, gravados, escultura relixiosa, louza de Sargadelos, o despacho do almirante Méndez Núñez e unha reprodución da cámara da Fragata Numancia, así como dunha cociña tradicional galega.
Edificio Fernández López, na mesma praza que os anteriores, alberga as salas de pintura española dos séculos XIX e XX.

Acceso

No núcleo urbano.
Accesibilidade ao recurso: peonil.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!