MURALLA ROMANA DE LUGO

Civil
5290
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Ronda da Muralla

Lugo - Lugo

Coordenadas:
43º 00' 46.0" N - 7º 33' 42.9" W

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Horarios

Visitable. Consultar restricións de acceso á cidade pola crise sanitaria da Covid-19

Fitos do Camiño

É a única muralla romana do mundo que se conserva practicamente enteira. Levantouse entre finais do século III e principios do IV, seguindo os canons marcados por Vitruvio. Mide máis de dous quilómetros e conserva setenta e unha das oitenta e cinco torres orixinais. A muralla presenta dez portas, cinco delas existentes en época romana, aínda que modificadas. Ten unha altura media de dez metros e nalgúns puntos pode chegar a unha anchura de sete.

A antiga Lucus Augusti atesoura excepcionais monumentos, como a catedral de Santa María, gran igrexa románica que ten o privilexio da exposición permanente do Santísimo Sacramento.

A muralla foi declarada Monumento Histórico Nacional en 1921 para dotala de maior protección e o centro urbano lucense recoñeceuse en 1973 como Conxunto Histórico. Xa no ano 2000 a UNESCO declarou á muralla romana de Lugo Patrimonio da Humanidade.

Declaración

Ben de Interese Cultural

Tamén che pode interesar

Arriba
Axúdanos a mellorar!