IGREXA DE SANTA SUSANA

Relixioso
2833
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa do Campiño da Ferradura

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 39.0" N - 8º 32' 57.9" W

Descrición

Sitúase na Carballeira de Santa Susana que culmina o Paseo da Ferradura, e onde, parece que houbo un castro. Este lugar foi doado polos condes de Altamira ao Concello no ano 1546. A lenda sinala que os restos da Santa -copatroa da cidade- foron trasladados a Compostela polo Arcebispo Xelmírez dende a cidade portuguesa de Braga. Da primitiva igrexa que mesmo aparece citada no Códice Calixtino, apenas queda nada; só se conserva o pórtico e algúns elementos que conforman a arquitectura do templo; arcos, columnas, canecillos e a cruz que coroa o frontón. O actual edificio levantouse no S: XVII, sendo o campanario posterior, do S. XIX. Sinalar tamén que aquí se celebrou a tradicional feira dos xoves, ata os anos setenta, en que se trasladou aos arredores da cidade, ao Mercado Nacional de Salgueiriños

Acceso

Na mesma cidade de Santiago de Compostela.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!