COLEXIO DE SAN XEROME

Civil
2978
No Camiño de Santiago

Localización

Praza do Obradoiro s/n

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 48.6" N - 8º 32' 43.8" W

Descrición

Situado no lado sur da praza do Obradoiro, é a sede do Reitorado da Universidade. Peña de Toro inicia no 1656 as obras deste edificio de proporcións e factura sinxelas, realizado en cadeirado de granito. Toma como base un gran rectángulo e ordena a construción en torno a un patio interior con pilastras que sosteñen arcos de medio punto. A fachada principal, orientada á praza do Obradoiro, componse de dúas plantas, na inferior ábrense a portada gótica (1490-1500) do antigo colexio universitario da Azabachería e as ventás de sinxela ornamentación. Esta repítese nos vans que se abren ao balcón corrido da planta nobre. A portada, ricamente decorada, presenta as imaxes de Santiago, S. Xoán e S. Francisco á esquerda, e as de S. Pedro, S. Pablo e S. Mauro á dereita. Presiden a arquivolta as representacións de Sta. Ana, a Virxe e o Neno. No tímpano aparece representada a Virxe co Neno apoiada nunha media lúa e un anxo ao seu lado co escudo do arcebispo Fonseca.

Acceso

Núcleo urbano. Centro histórico.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!