RÍO EO, OSCOS E TERRAS DE BURÓN

Espazos naturais
5947
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo

A Fonsagrada | A Pontenova | Baleira | Negueira de Muñiz | Ribadeo | Ribeira de Piquín | Trabada

Coordenadas:
43º 11' 27.9" N - 7º 09' 38.9" W

Descrición

Unidos polo río
Fonteo, nomunicipio de Baleira, é como evidencia o seu nome un inicio. A fonte do Eo recolle as augas damontaña e comeza un camiño de pouco menos que oitenta quilómetros ata o Cantábrico. Axiña se verá rodeado de extensas carballeiras e recibirá achegas doutros ríos. Primeiro o Rodil, que baixa das terras de Burón, nome histórico da área da Fonsagrada; logo o Turia, procedente da comarca asturiana dos Oscos, que se xunta ao Eo na Pontenova. E xa veñen logo os afamados coutos pesqueiros de Abres (Asturias). Pasarelas e pontellas permiten situarse no medio do río e gozar das estampas fluviais en ribeiras ás veces fortemente encaixadas e remansos.
O salmón segue a ser o rei do río. Na súa audaz viaxe polo océano, algúns ata as costas de Canadá e Grenlandia, para retornar ás augas doces do seu nacemento encerra unha aventura natural que os ríos cantábricos transmiten con forza. Eo pertence a esta emoción. Paisaxes líquidas e unha luz especialmente sensible as tonalidades verdes. O curso final é unha sucesión de meandros suxeitos paulatinamente á influencia dasmareas. Desde a localidade da Veiga/Vegadeo o val inundado convértese nun grande esteiro con xunqueiras onde pasan o inverno continxentes de anátidos e outras aves que aquí atopan refuxio durante os temporais.

Acceso

As vías principais son ademais da autovía transcantábrica A-8, as estradas N-634 (A Coruña-Santander) e N-640 (Lugo-Oviedo). A estrada LU-740 (A Fonsagrada-A Pontenova) e a estrada local a Ribeira de Piquín desde a N-640 (na Pontenova) permiten achegarnos ao curso alto do Eo e varios afluentes......

Situación

No límite da comunidade autónoma de Galicia e o Principado de Asturias. Sete concellos galegos: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz; e sete asturianos: Castropol, Vegadeo, Taramundi,San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Camiño Primitivo

Situación

No límite da Comunidade Autónoma de Galicia e o Principado de Asturias. Sete concellos galegos: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz; e sete asturianos: Castropol, Vegadeo, Taramundi, San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos.

Superficie

158.883 hectáreas das cales 108.007 ha na parte galega.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Sen pérdida

A localidade galega de Ribadeo e as asturianas de Castropol e Vegadeo/A Veiga concentran a maior parte da poboación. Son o acceso a puntos turísticos como o treito costeiro e as praias tamén incluídas dentro da Reserva (Ver Monumento Natural A Praia das Catedrais).
Existen dúas excelentes maneiras de coñecer a diversidade paisaxística da zona. Unha é percorrer a Vía Verde do Eo que recuperou once quilómetros do histórico trazado ferroviario vinculado ás minas do ferro. O punto de partida da ruta está ao pé das vellas chemineas dos fornos da Pontenova. Para acompañar o río atravésanse varios húmidos túneles e pontes colgantes ata o lugar do Cairo, onde ao Eo lle entra a présa por chegar a San Tirso de Abres, meta da Vía Verde. A importancia do tren do ferro rexorde en Ribadeo, recuperando o antigo percorrido ata o Cargadoiro, próximo á fortaleza de San Damián. Todo nun paseo marítimo ata o límite de Illa Pancha.

Información e equipamentos

Centro de Interpretación do Río Eo e do bosque de A Marronda
Enderezo: Fonteo (Baleira)
Aula da Natureza Casa da Ría
Enderezo: Monte de Santa Cruz - Ribadeo

Plano

Natureza Espazos naturais Reserva da biosfera
Arriba
Axúdanos a mellorar!