IGREXA SANTUARIO DA NOSA SRA. DOS MILAGROS DE AMIL

Relixioso
2410

Localización

Parroquia: Amil (San Mamede)

Lugar: A Picota

36669  Moraña - Pontevedra

Coordenadas:
42º 32' 27.9" N - 8º 35' 03.9" W

Descrición

Igrexa construída no século XIX. De planta octagonal, con muros de cadeirado de granito e cuberta de lousa a dúas augas. Ten tres portas de acceso, as tres alinteladas. A principal, con moldura, enmárcase nun pórtico con dúas columnas de fuste e capitel lisos. Pórtico rematado nun frontón triangular, e sobre este unha torre campanario de dous corpos. Ao lugar do Santuario accédese por unhas escaleiras de granito que se inician na parte baixa, onde existe unha fonte cun relevo coa imaxe da Virxe dos Milagres, con data de 1778.
Arriba
Axúdanos a mellorar!