IGREXA DE SANTIAGO

Relixioso
2820
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Parrote 1

15001  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 10.4" N - 8º 23' 38.1" W

Descrición

Edificio románico da "zona vella" da cidade, realizado en cachotaría (1217), que contaba con tres naves, hoxe cunha soa dividida en catro tramos por medio de arcos oxivais que descansan sobre tres semicolumnas, decoradas con motivos do Camiño de Santiago. Tres ábsidas semicirculares. Cuberta de madeira a dúas augas reconstruída en 1779, descansa sobre arcos oxivais. Capela sepulcral de San Xosé (1604). Torre de campanario (1607). O exterior presenta tres portadas. A máis importante a oeste: arco con tres arquivoltas decoradas, onde a segunda ten vinte anxos portando os símbolos da Paixón. O tímpano coa figura do Apóstolo a cabalo. As columnas con capiteis decorados por motivos vexetais, animais e antropomorfos. Nas xambas dúas figuras: Santiago e San Xoán Evanxelista. Cara ao lado dereito da portada unha tumba. Por enriba do arco un parachoivas de pequenos arcos decorados con rosetas e outras figuras e o rosetón (século XX). A portada norte presenta arquivoltas decoradas con floróns e boceis, e o tímpano cun Agnus Dei. O resto do edificio polo exterior, compleméntase cunha serie de canecillos con figuras esculpidas.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!