ERMIDA DE SANTA ROSA DE LIMA

Relixioso
2349

Localización

Parroquia: Laxe (Santa María)

Rúa Santa Rosa s/n

15117  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 09.9" N - 9º 00' 33.0" W

Descrición

A capela de Santa Rosa de Lima está situada no alto do chamado Monte Cornaceiras. Está orientada de tal forma que a fachada mira cara a vila ó NE e a cabeceira cara o SO. Desde 1676 e ata o 1941 a cruz que se ergue ós pes da capela e chamada “cruz do navegante” dominaba en solitario este lugar. 
Arquitectonicamente a construción é de planta sinxela, rectangular, e sobre ela érguense catro muros construídos en pedra. A porta da fachada está formada por un arco apuntado. Enriba del hai un busto da santa patroa do templo, realizada polo mesmo construtor da ermida. E sobre esta un pequeno campanario coroado por unha cruz. Á parte traseira engadíuselle no ano 1995 un soportal para as celebracións relixiosas que se realizan na ermida o 21 de xullo (Cruz da Rosa) e o 30 de agosto (Santa Rosa). No interior podemos observar unhas imaxes naturalistas que representan a Cristo crucificado, a Santa Rosa cunha gran cruz ás costas, e a Virxe de Fátima. 

Acceso

Situados no Punto Municipal de Información Turística do paseo marítimo de Laxe subimos pola rúa Villa Amparo e xiramos á dereita na Biblioteca Municipal. Continuamos de frente hasta a Praza do Areal e ascendemos pola rúa Santa Rosa hasta chegar á Ermita. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!