TORRE DE ANDRADE

Civil
1965
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pontedeume (Santiago)

Lugar: Pontedeume

Avenida Torreón , s/n

15600  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 27.5" N - 8º 10' 19.3" W

Descrición

O Torreón foi construído na época de Fernán Pérez de Andrade, entre 1370 e 1380, formando parte dun conxunto integrado por un pazo (onde hoxe se ubica o mercado), unha capela (San Miguel, derrubada en 1909) e o propio Torreón. 
É de planta cadrada e mide 18 metros de alto, 11,5 metros de lado e os muros teñen un grosor de 2,5 metros. Esta distribuído en catro andares: planta baixa, onde se ubicaba o calabozo ou almacén; un primeiro andar destinado a corpo de garda, dende onde se accedía a través da muralla e unha ponte levadiza; o segundo andar, correspondíase coa cociña e espazo común de salón e no terceiro andar estaba situado o cuarto do señor. No final, a terraza. Destacan as seteiras e as ventás góticas no terceiro e cuarto andar, onde unha delas ten un óculo calado co “selo de Salomón” ou cruz de cinco puntas. 
Responde a un dos mellores exemplos de arquitectura defensiva medieval de Galicia. Asemade, sobresae na súa fachada o escudo de Don Ginés Ruíz de Castro Andrade e Portugal; pertencente ao antigo pazo e dátase no século XVII. Nel recóllense os brasóns das familias de Andrade e Lemos; orlado por 18 bandeiras que Fernando de Andrade  gañara na Batalla de Seminara aos franceses; na parte superior unha coroa condal e sobre  dela un anxo sostén unha filacteria na que se le a lenda dos Andrade “nolite nocere” (non fagas dano). 

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!