Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > Máis de interese... > Engadir á "Miña viaxe"

Camiño de Santiago...

Gañar "A Compostela" por terra ou por mar

A Compostela é un documento redactado en latín que o Cabido da Catedral de Santiago lles concede aos que fan a Ruta do Apóstolo.

A pé (percorrendo máis de 100 km), a cabalo, en bicicleta (200 km como mínimo) ou ben por mar. En ambos os dous casos, o peregrino debe acreditar o percorrido cos selos dos concellos ou parroquias do traxecto, se chega a Santiago por terra; ou cos dos albergues marítimos dispostos por distintos puntos da costa galega.

As condicións para obter a Compostela marítima son dúas: facer en barco de vela a ou motor, polo menos, corenta millas náuticas, dende o porto de saída ata o porto de Pontecesures na ría de Arousa-Ulla, xustificándoo coa credencial selada; e, en segundo lugar, facer o Camiño a pé dende Pontecesures-Padrón ata a Catedral de Santiago.

A antigüidade deste documento remóntase ao século XIV. Nos Arquivos do Pas de Calais consérvase a expedida ao peregrino francés Yves Le Breton, o 1 de maio de 1321. Tamén en Zoendic bonc de Gantes lle foi concedida a Compostela ao flamenco Guillermo van de Putte o 13 de setembro de 1354; e no Museo Arxiú de Barcelona, gárdase a de Bartolomeu Montels de Cordedeu, datada o 24 de agosto de 1535.

Tarxeta de benvida ao peregrino...

Para os casos nos que non se cumpren as condicións de obtención da Compostela, o cabido catedralicio adoita estender esta tarxeta de benvida como xesto de acollida e hospitalidade.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba