Vibrar, sentir, soñar...

Ven a Galicia e descubre a sensación de vivir... entre amigos

Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é a ruta de peregrinación máis antiga de Europa e a máis concorrida.
   

Propoñémosvos sete experiencias diferentes e únicas polos sete itinerarios históricos que conforman o Camiño

Bosques de Galicia

Internarse nos bosques galegos é o mellor xeito de desconectar, de deixar atrás o frenético día a día para somerxernos nun remanso de paz e natureza.

Galicia Birding

Galicia ofrece excelentes oportunidades para a observación de aves en todo o seu territorio e ao longo de todo o ano.  

Centros BTT

Un novo produto que incentiva o desenvolvemento turístico sostible e respectuoso co medio e que axudará a desestacionalizar os fluxos turísticos.

Experiencias en plena Natureza

Camiñar polos Parques é a mellor forma para poder coñecelos. Descobre o pracer de perderte sabendo en todo momento cal é o teu destino.

Santuarios máxicos

Imaxinade unha terra na que as augas das fontes son milagreiras, onde as mozas acoden ás ondas do mar para ter descendencia, na que as pedras teñen o poder de sandar, onde o sol nace e morre cada día no seu mar

Patrimonio oculto

Coñecer o Patrimonio Oculto de Galicia é a mellor maneira de achegarse ao segredo que tan celosamente esta terra garda.

Faros e praias salvaxes

Se hai un son en Galicia que non cesa nunca, ese é o bater do seu mar contra as rochas, un mar embravecido no que ata os máis aguerridos mariños viviron momentos difíciles, no que nalgún tempo viviron sereas.

Turismo Mariñeiro

O turismo mariñeiro brinda ao visitante experiencias irrepetibles e sensacións moi intensas.
   

Ofrecémosvos unha experiencia turística apaixonante: vivir Galicia a través do seu mar, escoitando e gozando das vivencias dos seus protagonistas.

Rutas turísticas

Galicia ao teu aire, ao teu ritmo. Non sabes por onde empezar? É fácil.

Aquí tes unha selección de pequenas rutas turísticas polas zonas máis interesantes e singulares de Galicia

Ruta da Camelia

Pazos e paisaxes dunha elegante decadencia, auténticos xardíns botánicos creados con esmero e sabedoría que, se sabes ver, te descobren os seus secretos de beleza.

Top-ten: Dez lugares únicos

Galicia é auga, é terra, é vento… Galicia é sentimento, paixón, ledicia, morriña… Galicia é arte, historia, lenda… É todo aquilo que vos fai soñar, emocionarvos, marabillarvos…
   

Todo isto é Galicia, unha terra que iredes descubrindo pouco a pouco, paso a paso…

Escenarios ao volante

En Galicia podemos subir ás montañas do macizo de Pena Trevinca que superan os 2000 metros, navegar polos canóns do  río Sil ou do río Miño,  perdernos  nas praias case desertas da Costa da Morte, de Ortegal ou da Mariña Lucense ou mesturarnos cunha natureza feraz percorrendo os bosques do Courel ou dos Ancares.

Eurovelo Galicia

A Rede EuroVelo é un proxecto da Federación Europea de Ciclistas (ECF) que promoveu a apertura de 17 rutas de longa distancia que unen 42 países europeos a través de máis de 90.000 quilómetros de percorridos. Cada unha das 17 rutas de EuroVelo ten a súa propia temática e identifícase cun número dependendo da súa dirección: norte-sur (impar) ou leste-oeste (par).

Paseos que namoran

Como podemos describir a sensación que nos produce o aloumiño dunha brisa, o arrecendo das flores ou o feitizo dunha paisaxe? Como podemos narrar os silencios que vagan na espesura do bosque ou o estrondo dunha ruxidoira?

Sendas para descubrir un País

 É un catálogo de referencia daqueles sendeiros que cumpren as condicións de homologación esixidas pola FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada) no ámbito estatal, ou a FGM (Federación Galega de Montañismo) no ámbito autonómico, e que  se axustan á normativa internacional.

Paseando entre viñedos

En Galicia o viño é cultura e arte, froito dunha tradición milenaria.
    

Rías Baixas, O Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei son as cinco denominacións de orixe que na actualidade amparan algúns dos mellores caldos de todo o mundo.

Mananciais de Galicia

Galicia é o principal destino termal de España.

O número de mananciais existentes na comunidade supera os 300, o que a converte nunha das rexións europeas con maior riqueza en augas minerais e termais, que xa explotaban os romanos.

O que aquí che propoñemos non é unha visita turística. É vivir Galicia. Ao teu xeito, ao teu ritmo e, o máis importante, gozando en todos os sentidos.

Experiencias únicas como vivir unha xornada mariñeira nun auténtico barco de pesca. Ou pasear entre viñedos e gozar dos novísimos viños galegos. Ou deixarse levar polo encanto da camelia seguindo unha ruta de pazos e xardíns señoriais. Ou descubrir a maxia eterna do Camiño de Santiago. Todo isto e moito máis.

Pero o máis importante é terte aquí, connosco. Sabes que é o agarimo? É un sentimento moi noso cara a alguén no que se mesturan amizade, tenrura e simpatía. Deixa que cho amosemos. É a mellor experiencia. Ven a Galicia e descubre a sensación de vivir... entre amigos.

Arriba
Axúdanos a mellorar!