1. GPX

GPX ou GPS eXchange Format (Formato de intercambio GPS) é un esquema XML pensado para transferir datos GPS entre aplicaciones e servicios Web de internet.

Pódense usar para describir puntos (Waypoints), recorridos (tracks), ou rutas (routes).

Principais vantaxes de GPX:

  • Permite intercambio entre maior número de programas para Windows, MacOs, Linux, Palm e PocketPc.
  • Podese convertir en calquera outro formato utilizando unha páxina web ou aplicación.
  • Está basado no estandar XML, polo que moitos programas que se utilizan normalmente poderían ler arquivos GPX.
  • Permite desenvolver novas características para empregar datos dos receptores GPS.

Non existe ningún programa específico para a transferencia de GPX, senón que son varios os programas que se poden empregar:

Neste caso describiranse os pasos que hai que seguir para a transferencia de arquivos GPX mediante G7ToWin e EasyGPS.

2. O software G7ToWin

G7ToWin é un programa executable que permite introducir arquivos en formato GPX ó GPS e converter datos do GPS ao formato GPX.

Existen varias versiones do G7ToWin dependendo das necesidades:

  • G7ToWin Standard: é unha versión estándar
  • G7ToWin 64 bit: é una versión máis moderna do programa
  • G7ToWin without USB: esta versión emprégase para a sua inserción nun USB

É un software compatible con Windows 95, 98, Me e XP, Vista.

No caso de ter un ordenador con outro sistema operativo diferente a Windows un dos programas que se poden empregar sería o GPSBabel.

O G7ToWin é un programa de balde que se pode descargar da páxina web: http://www.gpsinformation.org/ronh/g7towin.htm

A instalación é moi sinxela, simplemente descargar a versión axeitada e descomprimila nun directorio do PC. O ser un executable non fai falla instalalo no ordenador, só con premer no ficheiro g7towin.exe xa se abrirá o programa.

Os GPS compatibles con G7ToWin entre outros: Garmin, Eagle, Lowrance e Magellan.

2.1. Emprego de G7ToWin

Desde a web de Turgalicia hai dispoñibles para a descarga ficheiros de puntos de interese en formato GPX. Este formato aplicarase o programa G7ToWin, seguindo o proceso descrito a continuación.

2.1.1. Instalación no dispositivo GPS

Conectar o GPS ó computador mediante cable USB

Deberá configurarse o GPS na opción de: File Configuration.

Aparecerá unha nova ventá onde na pestana xeral deberá asignarse o GPS, o USB e a velocidade.

G7ToWin

2.1.2. Carga dos puntos de interese

O ficheiro cos puntos de interese cargarase no dispositivo GPS seguindo as seguintes instrucións:

  1. Descarga ficheiros GPX: Descomprimir e gardar a información dos ficheiros GPX procedentes da páxina de Turgalicia nun lugar localizable no ordenador.

  • Carga dos puntos de interese: Instalado o programa e unha vez comprobada que a configuración do GPS é correcta poderán incorporarse os POI ó programa. Isto farase no menú principal: File Open.

    G7ToWin

  • Deberanse localizar os POI elixindo o tipo de arquivo GPX

    G7ToWin

  • IIncorporación dos puntos de interese ó GPS: Unha vez cargados os POI no programa xa se poderán pasar ó GPS mediante a opción: GPS, Upload to GPS, All

    G7ToWin

  • 2.1.3. Visualizar os puntos de interese

    Unha vez cargados os POI ó GPS poderase pechar o programa e retirar o GPS do cable USB. Cando se acenda o GPS xa apareceran os novos POI.

    3. Software EasyGPS

    O programa EasyGPS permite transferir puntos de localización e rutas desde o computador ó dispositivo GPS.

    EasyGPS só opera cos sistemas operativos de Windows Vista e XP; ademáis só permite transferir datos con extensión .gpx ou .loc.

    GPS compatibles con EasyGPS: Becker, BlackBerry, Brunton, Cobra, DeLorme, Eagle, Furuno, Garmin, Holux, HTC, Humminbird, Jensen, Lowrance, Magellan, Medion, Mio, MLR, Navigon, Navman, Nextar, Nokia, Pharos, Satmap, Silva, Sony, Thales e Tom Tom.

    3.1. Emprego de EasyGPS

    Desde a web de Turgalicia hai dispoñibles para a descarga ficheiros de puntos de interese en formato GPX. Este formato aplicarase ó programa EasyGPS, seguindo o proceso que se describe no presente tutorial..

    3.1.1. Instalación no dispositivo GPS

    Instalado o programa deberase conectar o GPS mediante un cable USB ó computador.

    Ó abrir a aplicación EasyGPS, esta preguntará sobre o receptor de GPS, para poder asignar o tipo e modelo de GPS. Clic en Add GPS.

    EasyGPS

    EasyGPS

    O clicar sobre OK aparecerá outra ventá onde se asignará a vía de conectividade co GPS, por exemplo USB.

    EasyGPS

    3.1.2. Carga dos puntos de interese
    1. Carga dos POI: Para incluir os arquivos GPX no programa haberá que facer clic en File, Open. Bucaranse os arquivos .gxp descargados.

      EasyGPS

    Aberto o arquivo, este aparecerá na parte inferior do programa.

    EasyGPS

  • Importación do arquivo GPX ó GPS: Isto pódese facer de dúas maneiras:

    • A partir do menú principal en GPS, Send to GPS

      EasyGPS

    Onde se abrirá unha ventá na cal se explica o número de puntos que se van enviar e o modelo e tipo do GPS. Se todo está correcto, facer clic sobre OK

    EasyGPS

  • A partir da icona de send (Send).

    EasyGPS

  • Neste caso tamén aparece unha ventá sobre a información que se pretende enviar. Se todo é correcto clic sobre OK

    3.1.3. Visualizar os puntos de interese

    Unha vez cargados os POI ó GPS poderase pechar o programa e retirar o GPS do cable USB. Cando se acenda o GPS xa apareceran os novos POI.

    4. Mecanismos de conversión a outros formatos con GPSBabel

    O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.

     

    Xunta de Galicia

    © 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
    Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

    Galicia
    Arriba