Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Turismo mariñeiro > Engadir á "Miña viaxe"

Faros e praias...

Ver máis

Turismo mariñeiro...

Presentación

En Galicia o mar non foi nunca fronteira xa que desde tempos inmemoriais os galegos souberon aproveitar, nunha singular simbiose, as riquezas que este medio lle proporcionaba.

  • Turismo mariñeiro na Mariña lucense

    Turismo mariñeiro na Mariña lucense

    Quizais a menos explorada. Nela o mar Cantábrico bate con forza e é base, en Burela, da maior frota boniteira de España...

  • Turismo mariñeiro en Ferrolterra

    Turismo mariñeiro en Ferrolterra

    A súa historia está ligada á industria naval, tanto civil como militar. Conta con importantes e singulares recursos de turismo mariñeiro...

  • A Coruña e As Mariñas

    A Coruña e As Mariñas

    Desde o faro da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, ata o moderno acuario Casa dos Peixes, na Coruña...

  • Costa da Morte

    Costa da Morte

    O seu perfil agreste e a confluencia do océano Atlántico e o mar Cantábrico salpicaron as súas costas con naufraxios e traxedias así como cos que, seica, son os mellores percebes do mundo...

  • Ría de Muros e Noia

    Ría de Muros e Noia

    É a gran base da industria conserveira ao mesmo tempo que reúne a maior concentración mundial de bateas de mexillón...

  • Ría de Arousa

    Ría de Arousa

    Considerado como "a perla turística de Galicia", suma a unha ampla oferta de turismo mariñeiro os afamados viños albariño da denominación Rías Baixas...

  • Ría e Terras de Pontevedra

    Ría e Terras de Pontevedra

    Pontevedra mantén un dos núcleos históricos mellor conservados de Galicia e que nos recorda o seu pasado vencellado ao mar e á pesca...

  • Ría de Vigo e Baixo Miño

    Ría de Vigo e Baixo Miño

    As illas Cíes, Parque Nacional, pechan e defenden a ría de Vigo con lugares singulares como Arcade, famoso polas súas ostras...

Neste mar, e nos mares do mundo, pescaron os mariñeiros galegos todo tipo de especies, desde os minúsculos camaróns ata os grandes túnidos e incluso baleas, para chegar a conformar na actualidade unha industria potente na que destacan a acuicultura, o marisqueo, as conservas, o desenvolvemento naval, etc.

Este mar tamén definiu unha paisaxe única con 1200 km de costa dunha gran beleza e diversidade na que podemos atopar longas praias de fina area , escondidas calas , espectaculares cantís e belas illas e illotes , ou as características rías que representan un dos seus sinais de identidade. Esta paisaxe, unida ao singular patrimonio cultural vencellado ao mar e á pesca, permite a súa visita e gozo ao longo de todo o ano complementándoo cunha rica e variada gastronomía baseada en produtos de excelente calidade e aloxándose en máis dun centenar de aloxamentos rurais singulares.

Convidámoste a "navegar" por esta web do turismo mariñeiro de Galicia e desexamos que teñas "unha boa marea".

Que é o Turismo mariñeiro de Galicia?

Trátase dun novidoso produto turístico que une a autenticidade e singularidade da cultura marítima de Galicia cunha coidada selección de aloxamentos rurais para propoñerlle ao visitante experiencias únicas como:

  • Visitar calquera dos 55 faros que atopamos en portos, cantís e illas.
  • Embarcar nun antigo barco boniteiro reconvertido en museo flotante
  • Descubrir como se "cultivan" berberechos, ameixas ou navallas nas mesmas praias onde se goza do sol e do mar.
  • Mergullarse no colorista rebumbio dunha lonxa de peixe e coñecer o particular sistema de poxa dos distintos produtos do mar.
  • Achegarse a algunha das miles de bateas nas que se producen os mellores mexillóns do mundo e degustalos acompañados dun bo viño galego.
  • Navegar entre golfiños, rorcuais e marsopas.
  • Pasear por calquera dos portos pesqueiros e gozar dos bares e tascas onde se reúnen os pescadores tras unha dura xornada.
Gran parte destas actividades son guiadas polos propios mariñeiros, pescadores e mariscadoras, que lle ofrecen ao visitante unha experiencia diferente, con auténtico "olor e sabor a mar".
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba