Constrúe a túa viaxe

Aquí poderás atopar todo o que necesitas para vir a Galicia: aloxamentos de todo tipo, hoteis, pensións, albergues, casas de turismo rural ou cámpings on de vas poder descansar e durmir; restaurantes onde non vas comer, senón gozar da nosa gastronomía.

E, sobre todo, onde vas poder disfrutar do tempo libre visitando pazos, museos, catedrais, igrexas, conxuntos históricos, espazos naturais, praias ou facendo deporte, compras ou sendeirismo.

Ofertas de Viaxe

Propoñémosche....Plans que te Cativarán.

Onde aloxarse

Tanto se buscas un luxoso hotel de cinco estrelas, como se desexas aloxarte nunha acolledora casa de turismo rural, Galicia ofréceche multitude de opcións moi preto ou ao redor dos principais destinos turísticos: Hoteis, pensións, albergues, apartamentos, vivendas turísticas, cámpings, cidade de vacacións ou casas de turismo rural.

Onde comer

En Galicia poderás esquecer algunhas cousas, mais non poderás deixar de gozar da súa gastronomía. Proba o marisco: percebes, centolas, nécoras, lagostas...

As ameixas e mexillóns son exquisitos. E os guisos de peixe resultan insuperables. No interior o polbo, as empanadas, o cocido e o el lacón con grelos, mandan.

Que visitar

Se, como din, cada un elixe o seu destino, en Galicia hai un feito á túa medida.
   

Gostas do arte, a cultura? Ou eres dos que prefiren vivir unha aventura en plena natureza?

Que facer

Galicia, polas súas excepcionais condicións, ofrece innumerables posibilidades para practicar todo tipo de diversións e actividades de ocio así coma calquera clase de deporte.

Onde informarse

Coñece os enderezos e teléfonos dos puntos de información turística. Neles poderás solicitar e obter información de calidade sobre o teu destino dentro de Galicia.

Transporte

Decide como moverte en Galicia: por terra, mar ou aire: aluguer de vehículos, transporte en autobús, transporte en barco, transporte en tren, transporte en avión ou horarios de voos.

Servizos turísticos

Todos os servizos na túa man coa Axencia de Turismo Galicia: Axencias de viaxes e Grandes recintos

Propoñémosche....
PLANS QUE TE CATIVARÁN

Arriba
Axúdanos a mellorar!