Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
  • Muralla Romana de Lugo
    Muralla Romana de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
  • Cidade de Lugo
    Cidade de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
  • Muralla Romana de Lugo
    Muralla Romana de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
  • Muralla Romana de Lugo
    Muralla Romana de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
Inicio > Visita estes... destinos > Destacados > Muralla Romana de Lugo > Engadir á "Miña viaxe"

Pódeche interesar...

Ver máis

Muralla Romana de Lugo

Interior da Muralla...

Conxunto histórico de cascos urbanos declarados como tal. Declarado o 22 de febreiro de 1973.

Ampliar

Pisar e sentir os propios pasos sobre un monumento da época romana é inevitable en Lugo. É obrigado facer o percorrido sobre as Murallas da cidade bimilenaria. Datadas no século III da nosa era, conforman un cinto de 2.200 metros perimetrais, con máis de 70 cubos, a un altura media de dez metros dende a que espreitar a vida dos dous lados do muro. Para evitar no posible esta separación, que en moitos outros lugares acarreou o seu derrube, ás insuficientes catro portas orixinais fóronse engandindo sucesivas entradas ata as dez coas que contan na actualidade as murallas, protexidas e declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Existen outras mostras da época fundacional romana como son as Termas que se poden visitar no balneario situado na ribeira do Miño; ou un pouco máis arredado, o Conxunto arqueolóxico de Santa Eulalia de Bóveda, pequeno edificio semisoterrado cunha decoración pictórica pouco corrente.

Os principais monumentos están no recinto intramuros. En primeiro lugar, cómpre mencionarmos a Catedral. Os elementos de interese principal están na Porta Norte, pola cal a tradición indica que entraban os peregrinos do Camiño de Santiago, e as Capelas barrocas de San Froilán, patrón da cidade, e da Virxe dos Ollos Grandes. Ademais non debe faltar unha observación atenta do altar maior, onde por un estraño privilexio na cristiandade, está en exposición permanente o Santísimo Sacramento. O edificio situado enfrente da catedral, nun plano máis elevado, é o Palacio Episcopal.

O Museo Provincial que contén os achados da cidade máis antiga de Galicia sitúase no antigo Convento de San Francisco. Expón entre outros fondos, luxosos mosaicos recuperados do esquecemento no sotos da cidade.

A Praza Maior é un dos centros do vivir urbano, presidida polo chamativo Palacio Municipal, pero tamén conta con outros edificios importantes como o Círculo das Artes. A praza é daquela un bo lugar dende onde decidir entrar ou saír cantas veces se desexe do animado entramado de rúas e prazas da zona vella, algunhas con acolledores soportais, entre as que destaca a Praza do Campo.

 

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba