Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Turismo mariñeiro > Actividades de turismo mariñeiro > Mariñeiro en terra > Engadir á "Miña viaxe"

Mans á obra!

Oficios mariñeiros

Enrédate coa tradición mariñeira da man dos seus profesionais; redeiras, carpinteiros de ribeira, estaleiros.....

por páxina
Asociación de Redeiras Cabo Burela

Visita á nave de redeiras de Burela

Nesta visita as redeiras do porto de Burela ofrecerannos unha detallada explicación do proceso de traballo e curiosidades sobre a vida mariñeira, as artes de pesca e a historia do seu oficio, incluíndo  na visita un pequeno obtadoiro. O espazo interior da nave, ademais de lugar de traballo, utilízase tamén como lugar de exposición das artes e oficios mariñeiros. Alí pódense observar, e mesmo mercar, diversas pezas artesás elaboradas pola propias redeiras, como poden ser pulseiras, broches, colares ou chaveiros todos eles obxectos relacionadas coa temática mariñeira ou que incorporan a utilización de nós empregados tipicamente na elaboración de artes de pesca.
Reserve en: Asociación de Redeiras Cabo Burela
Francisco Fra Rico

Construción e reparación de barcos de madeira

 Tras coñecer a importancia histórica da construción naval de San Cibrao, aprenderemos da man dun profesional do oficio  o que é unha carpinteria de ribeira, seguindo o proceso construtivo dun barco de madeira tendo en conta tanto as ferramentas empregadas como os tipos de madeiras que máis se utilizan.
Reserve en: Francisco Fra Rico
Asociación profesional de redeiras O Fieital

Redeiras

As redeiras ensinaranche a confección, montaxe e arranxo de artes de pesca como o erco, o palangre e outras artes menores. Poderás realizar visitas guiadas polas instalacións do peirao dividido en dúas zonas: no peirao norte está a lonxa e a fábrica de xeo entre outras instalacións; no peirao sur atópanse a nave de redes e as casetas dos mariñeiros. Tamén aprenderás  a elaborar pulseiras e colares de fío.
Reserve en: Asociación profesional de redeiras O Fieital
Asociación de redeiras de Baixo Miño

Reparación e fabricación de redes

 Estas profesionais amosarannos como se realiza a fabricación de redes e como distinguir os tipos de redes que se empregan segundo o peixe que se pretenda capturar. Tamén contan cun pequeno museo de redes antigas.
Reserve en: Asociación de redeiras de Baixo Miño "Atalaia"
Concello de Boiro

Construción de nasas - Programa "Paséate con nós"

Esta actividade danos a oportunidade de trasladarnos ao pasado nunha viaxe ás tradicións e á artesanía de Boiro. Veremos como se fai unha nasa de madeira, arte de pesca que se utilíza para capturar peixes e crustáceos. Tamén nos explicarán a fabricación doutros tipos de nasas e como se utilizan estas na zona.
Reserve en: Concello de Boiro
Concello de Boiro

O estaleiro - Carpintería de ribeira - Programa "Paséate con nós"

Temos a ocasión de visitar un estaleiro de madeira tradicional da man dun experimentado carpinteiro xubilado. Con toda a súa experiencia, explicaranos como se constrúe un barco e descubriremos os esqueletos dos grandes barcos de madeira en construción.
Reserve en: Concello de Boiro
Asociación de Redeiras Cabo Burela

Visita á nave de redeiras de Burela

Nesta visita as redeiras do porto de Burela ofrecerannos unha detallada explicación do proceso de traballo e curiosidades sobre a vida mariñeira, as artes de pesca e a historia do seu oficio, incluíndo  na visita un pequeno obtadoiro. O espazo interior da nave, ademais de lugar de traballo, utilízase tamén como lugar de exposición das artes e oficios mariñeiros. Alí pódense observar, e mesmo mercar, diversas pezas artesás elaboradas pola propias redeiras, como poden ser pulseiras, broches, colares ou chaveiros todos eles obxectos relacionadas coa temática mariñeira ou que incorporan a utilización de nós empregados tipicamente na elaboración de artes de pesca.
Reserve en: Asociación de Redeiras Cabo Burela
Francisco Fra Rico

Construción e reparación de barcos de madeira

 Tras coñecer a importancia histórica da construción naval de San Cibrao, aprenderemos da man dun profesional do oficio  o que é unha carpinteria de ribeira, seguindo o proceso construtivo dun barco de madeira tendo en conta tanto as ferramentas empregadas como os tipos de madeiras que máis se utilizan.
Reserve en: Francisco Fra Rico
Asociación profesional de redeiras O Fieital

Redeiras

As redeiras ensinaranche a confección, montaxe e arranxo de artes de pesca como o erco, o palangre e outras artes menores. Poderás realizar visitas guiadas polas instalacións do peirao dividido en dúas zonas: no peirao norte está a lonxa e a fábrica de xeo entre outras instalacións; no peirao sur atópanse a nave de redes e as casetas dos mariñeiros. Tamén aprenderás  a elaborar pulseiras e colares de fío.
Reserve en: Asociación profesional de redeiras O Fieital
Asociación de redeiras de Baixo Miño

Reparación e fabricación de redes

 Estas profesionais amosarannos como se realiza a fabricación de redes e como distinguir os tipos de redes que se empregan segundo o peixe que se pretenda capturar. Tamén contan cun pequeno museo de redes antigas.
Reserve en: Asociación de redeiras de Baixo Miño "Atalaia"
por páxina
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba