Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

Navega o mar!

Rutas mariñeiras en barco

Embárcate disposto a gozar dunha pracenteira viaxe turística polas rías de Galicia.

Navegación tradicional

Izamos velas e internámonos no océano para descubrir calas, illas, bancos de pesca...

por páxina
Intramar

Rutas no barco “Chasula” – Intramar

Aula taller e oficios mariñeiros: Organízanse obradoiros sobre artes e técnicas de pesca tradicionais, uso de material de seguridade e salvamento, lectura das cartas mariñas, sinalización marítima, etc. INTRAMAR traballa en colaboración con GUIMATUR para mostrar o Cambados mariñeiro. Rutas turísticas en barco: Visitas guiadas ás illas do P.N.M. das Illas Atlánticas de Galicia (Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes).  Se dispoñedes dun día para coñecer a ría, INTRAMAR ofrécevos un percorrido único de 35 millas e de 11 a 12 horas de duración. Coñecemento mariño - Actividade pesqueira e marisqueira das rías. Visita aos parques de cultivos mariños flotantes. Ruta Xacobea Arousá.-Desde a ría de Arousa remóntase o río Ulla ata Cesures rememorando a  Traslatio do Apóstolo. "Cambados á beira do mar".- Rutas guiadas por terra e mar para coñecer a cultura mariñeira desta vila. Actividades relacionadas coa pesca:Observaremos a pesca do cerco e as súas artes: cerco, cerco real, traíña, tarrafa. A pesca ao asexo (pola noite) e á lusada (coa primeira luz do día). Pesca do cerco de día para a captura de cebo. 
Reserve en: Intramar
Nostramo/Nieves (Arousavela, S.L.)

Viaxes no veleiro “Nostramo/Nieves” – Arousavela

Arousavela danos a oportunidade de viaxar en veleiro pola ría de Arousa, ata a illa de Sálvora e ata a illa de Ons,  con opción de consultar outras rutas. Realízanse tamén actividades medioambientais e culturais no veleiro. 
Reserve en: Nostramo/Nieves (Arousavela, S.L.)
Joaquín Vieta

A ría de Muros–Noia desde o balandro Joaquín Vieta

Saíndo do porto do Freixo navegamos en ruta pola costa para descubrir a cultura e o patrimonio marítimo da Ría de Muros-Noia. Faremos escala en estaleiros de ribeira, antigas fábricas de salgadura e internarémonos no mar ata as bateas de mexillóns. Opcionalmente poderemos largar as liñas de "corricán" e se hai sorte, prepararemos e comeremos a bordo as pezas capturadas. Se non, sempre haberá un refrixerio de empanada e ricos bocadillos a media mañá.
Reserve en: Joaquín Vieta
Confraría de pescadores de Lira - Mardelira

Rutas por mar no “Nuevo Velay” – Mardelira

Mardelira ofrece a posibilidade de alugar unha embarcación pesqueira rehabilitada (Nuevo Velay) para facer roteiros pola costa e no ámbito da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro "Os Miñarzos". 
Reserve en: Confraría de pescadores de Lira - Mardelira
Merak Náutica

Rutas pola ría de Vigo e as illas Cíes en goleta

A empresa Merak Náutica ofrece rutas regulares, con saída do Real Club Náutico de Vigo, polas illas Cíes e pola ría de Vigo a bordo da goleta Nauja. Esta embarcación clásica foi construída en 1928, sendo restaurada na actualidade como buque de pasaxe. As rutas de navegación propostas  son interpretadas por un guía profesional e van acompañadas dunha degustación de catering.
Reserve en: Merak Náutica
Top-Nautic Yatch

Chárter náutico en veleiro clásico - Top-Nautic Yatch

O "Magdalena" é un veleiro clásico de 17 m. , restaurado totalmente en 2010, respectando a súa orixe e encanto. Pódese alugar para gozar dunha travesía polas rías galegas coñecendo a forma de vida tradicional da Galicia mariñeira (ata 12 persoas). A nosa especialidade é preparar rutas a medida do cliente. Organizamos degustacións, xantares e ceas a bordo. Xuntamos Grupos.
Reserve en: Top-Nautic Yatch
Intramar

Rutas no barco “Chasula” – Intramar

Aula taller e oficios mariñeiros: Organízanse obradoiros sobre artes e técnicas de pesca tradicionais, uso de material de seguridade e salvamento, lectura das cartas mariñas, sinalización marítima, etc. INTRAMAR traballa en colaboración con GUIMATUR para mostrar o Cambados mariñeiro. Rutas turísticas en barco: Visitas guiadas ás illas do P.N.M. das Illas Atlánticas de Galicia (Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes).  Se dispoñedes dun día para coñecer a ría, INTRAMAR ofrécevos un percorrido único de 35 millas e de 11 a 12 horas de duración. Coñecemento mariño - Actividade pesqueira e marisqueira das rías. Visita aos parques de cultivos mariños flotantes. Ruta Xacobea Arousá.-Desde a ría de Arousa remóntase o río Ulla ata Cesures rememorando a  Traslatio do Apóstolo. "Cambados á beira do mar".- Rutas guiadas por terra e mar para coñecer a cultura mariñeira desta vila. Actividades relacionadas coa pesca:Observaremos a pesca do cerco e as súas artes: cerco, cerco real, traíña, tarrafa. A pesca ao asexo (pola noite) e á lusada (coa primeira luz do día). Pesca do cerco de día para a captura de cebo. 
Reserve en: Intramar
Nostramo/Nieves (Arousavela, S.L.)

Viaxes no veleiro “Nostramo/Nieves” – Arousavela

Arousavela danos a oportunidade de viaxar en veleiro pola ría de Arousa, ata a illa de Sálvora e ata a illa de Ons,  con opción de consultar outras rutas. Realízanse tamén actividades medioambientais e culturais no veleiro. 
Reserve en: Nostramo/Nieves (Arousavela, S.L.)
Joaquín Vieta

Experiencia mariñeira acompañada por mariñeiros

Travesía acompañada por antigos mariñeiros. Ofrecemos un servizo baseado na excelencia e o trato personalizado. Expedicións mariñeiras, obradoiros gastronómicos, izado e navegación a vela, interpretación de cartas náuticas, avistamentos, mergullo a bordo. Organización de eventos. Dende a súa construción en 1916 no Freixo, o Joaquín Vieta permaneceu ligado á Ría de Muros e Noia, formando parte da historia mariñeira de Galicia durante case un século. Hoxe, convertido no veleiro máis antigo de Galicia aínda en servizo, desprega as súas velas para ofrecer ao turista toda a emoción da navegación histórica cun equipamento e servizo adaptados ao os nosos clientes.
Reserve en: Joaquín Vieta
Confraría de pescadores de Lira - Mardelira

Rutas por mar no “Nuevo Velay” – Mardelira

Mardelira ofrece a posibilidade de alugar unha embarcación pesqueira rehabilitada (Nuevo Velay) para facer roteiros pola costa e no ámbito da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro "Os Miñarzos". 
Reserve en: Confraría de pescadores de Lira - Mardelira
por páxina
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba