Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

Navega o mar!

Rutas mariñeiras en barco

Embárcate disposto a gozar dunha pracenteira viaxe turística polas rías de Galicia.

Embarcacións turísticas

Cruceiros, catamaráns e motoras á túa disposición para ensinarche os fondos mariños, os criadeiros de moluscos ou os campos de cultivo do noso mar.

por páxina
Cruceros Fisterra.com

Cruceiro na fin do mundo

Ruta diúrna: Enrolate nunha auténtica aventura. O Cabo Fisterra, cos seus 3 km de terra intérnase no mar e dende a embarcación podemos apreciar a grandiosidade do seu contorno. Sente a maxia do lugar o mesmo que os orixinarios celtas, que rendían o seu culto ao sol en punto do cabo chamado o Ara Solís, lugar tamén mítico para os peregrinos do Medievo, que non daban por rematado o camiño ata chegar ao Finis Terrae. Continua a navegación cara á illa Lobeira cuxo faro aínda funciona coa primitiva técnica de lanterna de acetileno, as praias de Langosteira e de Estorde, o faro de Fisterra e os lendarios castelos de Corcubión e Ameixenda. Ruta ao solpor: Embarcamos no porto de Fisterra, con vistas á praia de Langosteira e a praia da Serra. Bordeando a rochosa costa coas súas pequenas calas chegamos á praia do Sardiñeiro. Neste momento, o sol cae por detrás dos montes e o día parece ter chegado á súa fin. O barco continúa a súa ruta pola praia de Estorde, ata chegar ao punto en que se divisan ao lonxe Corcubión e Cee, poñendo proa cara ao faro de Fisterra para bordealo. De pronto, o sol aparece en plena posta tintando o ceo de vermello e a serea do barco soa en medio do océano saudando os peregrinos que observan o fenómeno dendeo faro.
Reserve en: Cruceros Fisterra.com
Cruceros Ángel, S.L.

Cruceiros turísticos desde O Grove

Cruceros Ángel  ofrece diferentes alternativas:Cruceiros pola ría: Viaxe pola ría visitando parques de cultivo de mexillón, ostra e vieira, con visión de fondos mariños.Duración aproximada da actividade:  1 hora e 15 minutos (Todo o ano)Viaxe á illa de Sálvora: Visita á illa de Sálvora, coa autorización do Parque Nacional das Illas Atlánticas, acompañados dun guía que informa do valor medioambiental e a biodiversidade tanto terrestre como marítima da ría.Duración aproximada da actividade:  4 horas (De marzo a outubro)Viaxe á illa de Areoso: Navegación con destino á illa de Areoso para gozar da súa fina area e as súas augas cristalinas. Duración aproximada da actividade:  2 horas e 30 minutos (De xullo a setembro)
Reserve en: Cruceros Ángel, S.L.
Caminando por el Mar

Rutas marítimas desde Ribeira

A empresa ofrece diversas rutas marítimas que percorren as zonas de pesca dos mariñeiros e mariscadores con visita ás bateas e a diversas illas. Cóntanse historias e lendas relacionadas coa ría de Arousa e o traballo do mar.
Reserve en: Caminando por el Mar
Minicruceros Proba, S.L.

Viaxes pola ría de Arousa

Visita a criadeiros de mexillóns, vieiras e ostras: Realizarase unha parada para ver os fondos mariños.Mariscada nocturna: Goza dunha mariscada a bordo con queimada pola noite.
Reserve en: Minicruceros Proba, S.L.
Costa Viva Cruceros

Cruceiros turísticos pola ría de Muros

Costa Viva Cruceros realiza cruceiros turísticos pola ría de Muros con visión submarina e degustación de produtos típicos da zona. Na navegación visítanse  bateas, muíños de marea, faros, praias, illas, etc. cun guía a bordo.
Reserve en: Costa Viva Cruceros
Mar de Aguiño

Embárcate en Mar de Aguiño

Mar de Aguiño conta con varias embarcacións totalmente equipadas coas que realizar paquetes programados e rutas personalizadas con patrón para todos aqueles que queiran gozar dunhas vacacións alternativas.
Reserve en: Mar de Aguiño
Confraría de pescadores de Lira - Mardelira

Rutas por mar na embarcación "Roncadora" - Mardelira

Poderá coñecer os fondos da reserva mariña desde a perspectiva dun gancheiro/espelleiro (pescador que se dedica á pesca da centola mediante a modalidade de gancho ou espello) a bordo da planeadora "Roncadora".
Reserve en: Confraría de pescadores de Lira - Mardelira
Confraría de pescadores de Laxe - Mardelaxe

Visita guiada polo porto e a ría de Laxe - Mardelaxe

O paquete completo da visita consiste nun percorrido polo porto e posteriormente  un paseo en barco pola ría finalizando cunha degustación de produtos galegos. 
Reserve en: Confraría de pescadores de Laxe - Mardelaxe
Oftefor

Navegando por Cortegada

Saíndo do porto de Carril, embarcaremos  (en zodiac ou en kayack) cara a Cortegada onde se realizará un roteiro pola illa, visitando o maior bosque de laurisilva do sur de Europa. Posteriormente gozaremos dunha pequena travesía polo entorno do arquipélago para achegarnos aos parques de cultivo de berberecho e ameixa e ás bateas para coñecer, de man de mariscadoras e mexilloeiros da zona, os procesos de cultivo das diferentes especies e os aparellos empregados neste labor.
Reserve en: Oftefor
Tour Nautic & Fishing, S.C.

Ruta do mexillón desde Rianxo

Daremos un paseo polo proceso de produción do molusco negro, opara coñecer de primeira man as diferentes fases do engorde do mexillón ou como se constrúe unha batea, e faremos parada nun polígono de bateas.
Reserve en: Tour Nautic & Fishing, S.C.
por páxina
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba